martes, 27 de outubro de 2015

E TI, QUE PINTAS?

Imos coñecer a un pintor chamado Vincent Van Gogh, e van a ser uns nenos e nenas que nos conten a súa vida.
Vincent é un pintor "Impresionista". 
Os impresionistas son os pintores aos que lles gustaba pintar paisaxes de campo, de cidade, autoretratos, e tamén escenas da vida cotiá. Pero o facían con pinceladas moi pequeniñas, de tal modo que se nos colocamos moi cerca dos seus cuadros só veremos pequenas manchas, mais cando nos alonxamos vemos unha fermosa paisaxe, ou unha ponte, unhas bailarinas...


Ningún comentario:

Publicar un comentario