Hoxe no recreo, Uxúe e Uxía, compañeiras de 3º B, van a demostrarnos
canto conto teñen. O conto será para os nenos e nenas de 3 anos.
Queredes saber algo das nosas narradoras?
A
Uxúe, gustáballe de pequena o conto "As horas", porque a través da
historia ía aprendendo as horas. O seu momento preferido do día para ler
é entre lusco e fusco.
A Uxía, gustáballe moito que
lle contaran o conto " Dulces sonos para nenas", porque era de fadas e
lle axudaba a durmir. Aínda o ten gardadiño. O seu momento preferido
para ler e pola noite.
AQUI AS TEDES!
xoves, 26 de novembro de 2015
mércores, 25 de novembro de 2015
martes, 24 de novembro de 2015
SABEDES QUE ...
ONTE, MARTES 24, HAI CORENTA E UN ANOS QUE SE DESCUBRIU A LUCY?
E, AGORA TODOS E TODAS PREGUNTAREDES: - QUEN É LUCY?
AQUÍ TEDES UNHA FOTOGRAFÍA:
E, AGORA TODOS E TODAS PREGUNTAREDES: - QUEN É LUCY?
AQUÍ TEDES UNHA FOTOGRAFÍA:
Lucy é o esqueleto máis famoso do mundo.
Hai 41 anos, un grupo de paleontólogos descubriu en Hadar, ao nordés de
Etiopía, o conxunto de restos fósiles dun australopiteco que viviu hai moitos
millóns de anos. Era unha femia de 1,1 metros , de altura. Un pouco baixiña,
non si?
O seu descubrimento é moi impotante para
saber como eran os humanos que viviron antes ca nós, e así saber como fumos
evolucionando.
Encontrouse case a metade do esqueleto, e
grazas a iso, sabemos que xa andaba de pé, algo que agora parécenos normal,
pero que non sempre foi así.
Era o 24 de novembro de 1974 cando se
fixo o descubrimento e na radio soaba “Lucy
in the sky with diamonds”, o éxito dos Beatles, así que ao paleontólogo
Donald Johanson pareceulle boa idea darlle á parte do esqueleto que acababa de
descubrir o nome de Lucy.
AQUÍ TEDES A CANCIÓN DOS BEATLES:
luns, 23 de novembro de 2015
RECOMENDACIÓN LITERARIA.
Xa estamos preto do Nadal, por iso vos recomendamos este libro, que seguro vos vai a gustar moito.
Como resolverá Matías este problema?
Como resolverá Matías este problema?
domingo, 22 de novembro de 2015
xoves, 19 de novembro de 2015
VENRES DE POESÍA
O noso poema deste venres está cheo de letras.
VOCALES
A de la mar,
E del ayer,
I del jazmín,
O del amor,
U del azul.
E del ayer,
I del jazmín,
O del amor,
U del azul.
La a flota en el agua
que acuna el mar.
La e vive en los sueños,
en la espuma y la pared.
La i tiene una isla
donde vive feliz.
La o se moja en el río,
se oculta bajo la flor;
Y la u duerme en la ducha,
el humo y el avestruz.
que acuna el mar.
La e vive en los sueños,
en la espuma y la pared.
La i tiene una isla
donde vive feliz.
La o se moja en el río,
se oculta bajo la flor;
Y la u duerme en la ducha,
el humo y el avestruz.
A de la mar,
E del ayer,
I del jazmín,
O del amor,
U del azul.
E del ayer,
I del jazmín,
O del amor,
U del azul.
Queredes cantalo? Pois escoitade.
mércores, 18 de novembro de 2015
E TI, QUE PINTAS?
Hoxe imos a coñecer a un artista moi especial: Fernando Botero.
Pintor e escultor, é un dos artistas vivos máis importantes da
nosa época. Botero naceu en Medellín, Colombia, en 1932. O seu pai era vendedor de mercadorías e percorría as
montañas da súa terra levando os seus produtos de pobo en pobo a lombo de mula.
Fernando comezou a debuxar desde moi novo e os seus primeiros
temas foron as corridas de touros, ás que asistía cun tío. Pintaba acuarelas
de temas taurinos e vendíaas nas portas da praza de touros.
Como ides ver unha das máis importantes características da súa
obra e que non só as persoas, senón tamén os animais, as flores, as froitas e
os obxectos son de formas redondeadas e desproporcionadas.
Mirade que figuras e que cores mais fermosas!
martes, 17 de novembro de 2015
SABEDES QUE ...
NO REINO ANIMAL EXISTEN DATOS MOI CURIOSOS E SORPRENDENTES?
IMOS VER CAL É ...
O animal máis dormilón:
O koala, pasa 22 horas ao día durmindo.
O máis solitario:
O Panda xigante, pasa só a maior
parte da súa vida.
O animal máis forte:
Hai moitos, pero a formiga é capaz de
levantar pesos equivalentes a 20 veces o do seu propio corpo.
O animal máis ruidoso:
Entre os mamíferos mariños destaca a
balea azul, capaz de emitir sons máis fortes que un avión a reacción.
Entre os mamíferos terrestres, o mono
araguato. Os seus berros son escoitados a quilómetros de distancia.
Entre os insectos destacan as chicharras
que poden oírse a 400 metros de distancia.
O animal que pasa máis tempo comendo:
O elefante africano. Necesita consumir
200 quilos de herba, tarefa á que dedica 16 horas ao día.
O VINDEIRO MÉRCORES MÁIS!
luns, 16 de novembro de 2015
RECOMENDACIÓN LITERARIA DOS MARTES
Hoxe queremos lembrar a un escritor que naceu xa hai noventa e tres anos. Chámase José Saramago, este escritor recibiu un dos premios máis importantes que se lle concede a un escritor, o Premio Nobel de Literatura.
Case todos os seus libros son para adultos, mais escribiu un relato infantil tan fermoso, que queremos celebrar o seu nacimiento con el.
Titúlase " A maior flor do mundo". Nel, conta a historia dun neno que marchou da cidade e fixo unha viaxe moi longa, ata o fin do mundo, para salvar a unha flor que ía morrer.
Disfrutade deste conto tan fermoso.
Case todos os seus libros son para adultos, mais escribiu un relato infantil tan fermoso, que queremos celebrar o seu nacimiento con el.
Titúlase " A maior flor do mundo". Nel, conta a historia dun neno que marchou da cidade e fixo unha viaxe moi longa, ata o fin do mundo, para salvar a unha flor que ía morrer.
Disfrutade deste conto tan fermoso.
domingo, 15 de novembro de 2015
CONTOS CORTOS
O Conto corto de hoxe é moi fermoso, titúlase " Por catro esquinitas de nada"
Disfrutade!
Disfrutade!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















