martes, 24 de novembro de 2015

SABEDES QUE ...

ONTE, MARTES 24, HAI CORENTA E UN ANOS QUE SE DESCUBRIU A LUCY?

E, AGORA TODOS E TODAS PREGUNTAREDES: - QUEN É LUCY?

AQUÍ TEDES UNHA FOTOGRAFÍA:



Lucy é o esqueleto máis famoso do mundo. Hai 41 anos, un grupo de paleontólogos descubriu en Hadar, ao nordés de Etiopía, o conxunto de restos fósiles dun australopiteco que viviu hai moitos millóns de anos. Era unha femia de 1,1 metros , de altura. Un pouco baixiña, non si?

O seu descubrimento é moi impotante para saber como eran os humanos que viviron antes ca nós, e así saber como fumos evolucionando.
Encontrouse case a metade do esqueleto, e grazas a iso, sabemos que xa andaba de pé, algo que agora parécenos normal, pero que non sempre foi así.


Era o 24 de novembro de 1974 cando se fixo o descubrimento e na radio soaba “Lucy in the sky with diamonds”, o éxito dos Beatles, así que ao paleontólogo Donald Johanson pareceulle boa idea darlle á parte do esqueleto que acababa de descubrir o nome de Lucy.

AQUÍ TEDES A CANCIÓN DOS BEATLES:




Ningún comentario:

Publicar un comentario