sábado, 3 de outubro de 2026

BENVIDOS E BENVIDAS!


Ola amiguiños e amiguiñas! Non imaxinades o contentos que estamos Herculina e máis eu de empezar un novo curso convosco. Esperamos que tivérades un fermoso verán, polo menos tan bo coma o noso.
Estivemos viaxando de bosque en bosque, e visitando a moitas amigas e amigos, tamén coñecimos gnomos e gnomas moi interesantes e limos moito. Este curso iremos falando de todos eses libros que limos.
Tamén, fainos moita ilusión o proxecto deste ano sobre, A maxia dos inventos e os medios de comunicación. Sabedes que eu tiven un bisavó inventor! Un día vos contarei a súa historia.
Pois... empezamos como sempre, cunha curta animada. Coñecedes a algún conegílope?

Bicos herculinosssss!!!!







Ningún comentario:

Publicar un comentario