domingo, 28 de setembro de 2025

CURTAS ANIMADAS


 Ola amiguiños e amiguiñas, cantas ganas tiña de volver estar con vós. Xa me contaron que este curso imos coñecer unha morea de países moi interesantes, todos os que forman a vosa comunidade educativa, que son nada máis e nada menos que 33. 

Estou encantado de coñecelos e aprender con vós sobre as vosas culturas!

Pero, hoxe, como todos os cursos, empezamos cunha curta animada titulada, Big Buck Bunny. Ao pobre coello, que vive nun lugar marabilloso, con árboles frutais, paxaros e bolboretas, empezan a complicarlle a vida tres pequenos roedores. E mirade que el é un coello ben grande.

Espero que gocedes desta curta animada!

Bicos Herculinosssssss!!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario