Ola amiguiños e amiguiñas, Herculina e mais eu queremos desexarvos unha moi Felices Festas. Xogade, ride, comede, compartide momentos coa familia e as amigas e amigos, pero sobre todo, que non vos falte tempo para ler moitos contos.
Ola amiguiños e amiguiñas, non podía faltar nestas datas o conto do apalpador, que non sei se non pasará polo colexio. Xa me contaredes, que Herculina e mais eu andamos moi liados facendo os pasteis do Nadal do bosque e decorando as arbores. Uf! Que traballiño! Pero que fermoso está a quedar.
Ola amiguiños e amiguiñas, xa está a piques de chegar o Nadal e cada un de vós o celebrara en familia segundo os seus costumes. Pero para min é unha época como a deste neno do corto, é o momento de cumprir algúns dos soños.
Ola amiguiños e amiguiñas, hoxe vos deixo un dos meus contos favoritos, A toupiña que quería saber que lle fixera aquilo na cabeza. A min pasoume algo semellante no verán, pero eu si que souben rápidamente que me fixera aquilo na cabeza. Seguro que o adiviñades!
Ola amiguiños e amiguiñas, canto me gustou o conto, O rato e a montaña, que representaron para vós as alumnas de 6ºA e B, que ademais están a coidar moi ben as plantas tan fermosas que tedes no. colexio.
E moitas grazas á profe Pili por enviarme o vídeo que agora comparto con vós.
Ola amiguiños e amiguiñas, hoxe vos deixo esta curta animada baseada nunca historia real dun neno que ten unha enfermidade, pero que co cariño e a empatía dos seus compañeiros e compañeiras de escola, conseguen todos xuntos que participe da felicidade dos xogos, porque non hai nada máis fermoso que ser bos compañeiros e compañeiras e poñérmonos no lugar das persoas cando temos algunha dificultade.
Ola amiguiños e amiguiñas. Nós, no bosque, reunímonos o 25N para celebrar que sempre utilizamos palabras amables e fermosas para falar coas persoas que nos rodean, e as nosas mans para acariñar ou axudar a quen o precisa. E, por iso, gustounos moito o vídeo que gravaron as cosas compañeiras e compañeiros das aulas de 5ºA, 5ºB e 5ºC.
Ola amiguiños e amiguiñas, estes días que chove tanto no bosque, Herculina e mais eu aproveitamos para escoitar a música da auga. Se nunca probastes, tedes que facelo, escoitade a chuvia!
Aquí vos deixamos unha curta animada que conta como hai que saber escoitar o ritmo da auga.
Hola amiguiños e amiguiñas, queredes coñecer o roedor máis grande do planeta? Chámase Capibara ou Carpincho e é un animal que vive en Sudamérica, en especial na Arxentina. Neste vídeo, poderedes ver que vida máis ordeada e tranquila leva. A Herculina e mais a min, encantounos!!!
Hola amiguiños e amiguiñas, agora que chega o frío e nalgúns lugares até hai neve, aquí vos deixo a historia dun cervo chamado Deer que todos os días bebe chocolate e está ansioso por ordenar e limpar, coa pa a neve que se acumula diante da súa casa. Pero cada noite, acontece algo que o desordena todo.
Ola amiguiños e amiguiñas, a Yens o ourizo gústalle levar unha vida tranquila, pero aparece Spinny e pona patas arriba. A min tamén me gusta levar unha vida tranquila, pero as veces aparece alguén que lle dá a volta a algunhas cousas e até nos gusta ou se marcha a botamos en falta.
Ola amiguiños e amiguiñas, como xa sei que o venres non tedes colexio, pois esta semana será o conto do xoves. E claro, non podemos de deixar de ler e escoitar o que xa é un clásico, Corre corre, cabaciña!
Ola amiguiños e amiguiñas, moito me gustou este conto do Pote. Sabedes que Herculina e mais eu temos un igualiño na casa e todas as cousas que di o conto. E vou contarvos un segredo, o Nadal pasado deixáronme os reis magos do bosque un agasallo dentro del, uns calcetíns coas cores do arco da vella.
Ola amiguiños e amiguiñas, queredes seguir coñecendo fermosos e curiosos animais do interesante país de Alxeria? Seguro que si.
Pois hoxe imos coñecer O Addax, outro dos fascinantes animais que vive no deserto de Alxeria. Este antílope é coñecido pola súa pelame branca que lle axuda a camuflarse nas dunas de area do Sahara. Os seus cornos longos e retorcidos son unha da súas características máis salientables.
É quen de sobrevivir sen beber auga durante moito tempo, pero a mala noticia é que está en perigo de extinción. Esperemos que os Addax reciban toda a axuda para que poidamos seguir contando con eles no noso planeta.
Ola amiguiños e amiguiñas, xa está preto unha das festas que máis me gusta, o Samaín. No bosque decoramos as árbores e poñemos moitas cabazas con candeas acesas para que a noite sexa máis terrorífica.
Aquí vos deixo unha canción que seguro coñecedes, e senón podedes aprendela e cantala todos e todas xuntas.
Ola amiguiños e amiguiñas, queredes seguir coñecendo animais que viven en Alxeria? Hoxe un ben fermoso, a Gacela de Dorcas, que é un dos animais máis elegantes que habitan o deserto arxelino. Co seu corpo esbelto e os seus saltos rápidos, esta gacela é famosa pola súa axilidade e velocidade, o que llegan permite escapar dos seus depredadores.
A que é moi guapa!
E para que vexades que veloz é, ollade este vídeo!
Ola amiguiños e amiguiñas, xa que falabamos a semana pasada de dromedarios e deserto, aínda que este é en Exipto, ollade esta curta para coñecer unha pirámides moi orixinais.
Ola amiguiños e amiguiñas, outro dos animais moi importantes en Alxeria é o dromedario, o rei do deserto. É un animal fundamental na vida no deserto xa que foi e segue a ser un medio de transporte para moitas persoas. O dromedario é quen de reisitir moito tempo sen beber auga grazas a súa habilidade para gardar graxa na súa xiba, tamén soporta altas temperaturas e ten unha gran resistencia física.
Como vedes, o dromedario é un animal con moitas virtudes! Víchedea algunha vez un deste curiosos animais?
Ola amiguiños e amiguiñas, encantoume esta curta animada na que Lully descubre que coa música é quen de darlle cor ao mundo. Sen dúbida é así, a música sempre axuda a que sexamos máis felices, tamén axuda a compartir momentos. A música nace da mestura de todas as culturas do mundo, por iso, une ás persoas.
Ola amiguiños e amiguiñas, pois imos empezar a coñecer os animais máis típicos de cada país. Sabedes cal é o animal nacional de Alxeria e que tamén da nome ao equipo de fútbol deste país? Pois é o Zorro Fennec.
Aqui vos deixo un vídeo para que o coñezades porque é ben fermoso.
Ola amiguiños e amiguiñas, cantas ganas tiña de volver estar con vós. Xa me contaron que este curso imos coñecer unha morea de países moi interesantes, todos os que forman a vosa comunidade educativa, que son nada máis e nada menos que 33.
Estou encantado de coñecelos e aprender con vós sobre as vosas culturas!
Pero, hoxe, como todos os cursos, empezamos cunha curta animada titulada, Big Buck Bunny. Ao pobre coello, que vive nun lugar marabilloso, con árboles frutais, paxaros e bolboretas, empezan a complicarlle a vida tres pequenos roedores. E mirade que el é un coello ben grande.
Ola amiguiños e amiguiñas, xa estamos a piques de rematar o curso e este blog está na súa recta final. Esta semana será a última, pero só de este curso, o vindeiro volveremos a vernos.
Pero como xa sabedes que a min me gusta moito ler e gustaríame saber que no verán, ademais de xogar e ir á praia, estar cos amigos e amigas, e coa familia, tamén ides ler contos, deixouvos dous que me gustaron moito.
Ola amiguiñas e amiguiños, aínda que vivo nun bosque, a Herculina e mais a min, gústanos moito o mar. E, desde logo, queremos que sexa coidado igual que os bosques. Por iso, vos deixamos aquí un vídeo no que Dani conta, moi ben, como coidar o mar.
Ola amiguiñas e amiguiños, xa sabedes que eu vivo nun bosque. Todos os días estou en contacto coa natureza e gústame moito que cando veñen persoas a gozar do bosque o coiden e non deixen nada tirado polo chan. Pero eu sei que vós, nunca facedes iso y recolledes todo para logo tiralo nos contenderes.
Queredes saber por que hai que coidar o medio ambiente? Escoitade este vídeo.
Ola amiguiñas e amiguiños, mirade que curta máis fermosa de compañerismo entre un humano e un peixe. Así debería ser sempre entre todos os seres vivos. Espero que o gocedes.
Ola amiguiñas e amiguiños, espero que gozarades destes días de descanso e collérades forzas para o que queda de curso, que cada vez temos máis preto o verán. Pero, como aínda estamos na primavera, aquí vos deixo un Time-lapse de flores. Espero que vos guste!
Ola amiguiñas e amiguiños, como este curso estades a aprender tantas cousas fermosas sobre o universo, que mellor que aprender esta canción adicada a lúa, que tan bonita é!
Bicos herculinossss!!!! E que teñades unha ponte moi feliz!!!!
Ola amiguiñas e amiguiños, como me gustou a actividade que fixestes o Día do Libro. Foi fantástico que viñesen as compañeiras e compañeiros maiores, do Colexio San Pedro de Visma, a lervos contos. E tamén que os vosos fosen alí.
Agradezo moito a Rosa que me enviara estas imaxes. Sodes fantásticos!!!!