xoves, 3 de xuño de 2021

DESPEDIDA DO RAKONTO VERDE ATA SETEMBRO.




Amiguiñas e amiguiños, que feliz estou de ver este o voso traballo!
Grazas a todas as vosas mans remexendo na terra. Mans en equipo que colaboráchedes para facer do noso colexio un lugar máis fermoso. Espazos  que serán acubillo para bichería feliz de atoparse con leitugas, berzas, frores, romero, tomates, amorodos... É fermoso chegar pola mañá e atoparse cun xardín, primeiro imaxinado, agora real, do que cada día aprendemos a observar como, cos vosos coidados, todo medra e florece. 


Moitas grazas por sementar futuro, ilusión e palabras fermosas que dan nome as cores!

Sodes un orgullo para Herculino e Herculina!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario