xoves, 19 de decembro de 2019

BO NADAL!!!


Ola amiguiñas e amiguiños:
Herculina e mais eu queremos desexarvos unhas felices vacacións de Nadal. Gozade coa familia e amigxs, repartide apertas e bicos. Mais non esquezades que tamén os libros son grandes compañeiros de viaxe.

Aquí vos deixo a miña postal de Nadal. Eu pasarei estes días con todos os amigos e amigas no meu bosque. Comeremos doces, cantaremos e bailaremos, mais tamén leremos moitos contos.
Eu xa lle pedín unha morea deles ao Apalpador.

Moitos bicos herculinosssss e Bo Nadal!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario