xoves, 6 de abril de 2017

HECULINO DESEXAVOS FELICES VACACIÓNS

Ola nenos e nenas: sodes listossssss, moi listosssss. Estades acertando todas as preguntiñas que vos fago.
Xa sei que empezades as vacacións, asi que como  xa vou maior, aproveito para descansar e facer outrasssss cousas. Ademáis de limpar un pouco a casa que a teño moi sucia, ler tombado debaixo da miña árbore. Aquí no bosque, cada un de nos temos unha árbore que coidamos e tratamos con moito cariño, tamén ela dános sombra e acubillo.
Aos gnomos séntanos moi mal o sol. Un verán queimáronseme as orellas, xa sabedes que as temos moi grandes, e paseino moi mal, que dorrrrr!
Teño coxegas no nariz shssssssss. Isto pásame cando estou moi emocionado, e que o debuxo que me fixechedes os nenos e nenas de 5º A de EI encantoume, RECONCHOLIS, QUE BEN FEITIÑO ESTÁ!!! MOITAS GRAZASSSSS.
Que pasedes unhas felices vacacións. Vémonos á volta.


Bicos de gnomo. Xa sabedes, co nariz. Herculino .


Ningún comentario:

Publicar un comentario