xoves, 12 de xaneiro de 2017

AS NOSAS LETRAS E OUTRAS NOVAS.

DAR AS GRAZAS MELLORA A SÁUDE.





Grazas, pode ser unha das palabras que pronunciamos con máis frecuencia ao longo da vida. Con sorte, tamén será unha das que escoitemos máis veces.
Sentirse agradecido, é bo para a saúde mental, e mesmo tamén para a saúde física. 
Hai moito detrás da gratitude. Un caso notable é o de Doug Conant: en 2001, este executivo foi nomeado presidente e conselleiro delegado da coñecida empresa de sopas Campbell’s, que non pasaba polo seu mellor momento. Os trabajadores da empresa estaban desanimados e descontentos. Para levantar o espírito, a Conant ocurriuselle unha idea: todos os días escribía notas para agradecer a algún empregado un traballo ben feito.

Non se trataba de correos electrónicos, senón papeis escritos e asinados da súa propia man. En total, calcula que redactou e enviou máis de 30.000 nos dez anos que estivo na empresa; calquera traballador de calquera parte do mundo, independentemente da súa categoría, podía atoparse cunha nota de agradecemento do seu presidente. Baixo o seu liderado, Campbell’s recuperou terreo e beneficios.
Cando no ano 2009, sufriu un gravísimo accidente de coche: empregados de todas as fábricas e oficinas encheron o seu despacho con cartas e postais desexando a súa recuperación.

E vós, que pensades? Credes que dar as grazas fai a nosa vida máis cómoda? Estamos máis contentos cando agradecemos aos demáis algo que fixeron por nós? 


Pois imos a probar. Desde a biblioteca vos propoñemos vivir máis felices coa seguinte actividade:

Se alguén de vós considera que ten que darlle as grazas a algún compañero ou compañeira, pasade pola biblioteca e vos gravamos dicindo a vosa mensaxe de agradecemento. Logo a colgamos no blog.
Cada mes, a nosa biblioteca terá unha palabra. A do mes de xaneiro, que además é o mes  no que celebramos o Día da Paz, como xa sabedes é GRAZAS.

E, a primeira en agradecer é a mestra de inglés:


Ningún comentario:

Publicar un comentario