jueves, 9 de junio de 2016

UN CONTO PARA ANA.





As gotas de choiva bulían pola xanela como nunha danza pretenciosa e a nena ollaba para elas como se fosen as derradeiras. As persoas grandes gardaban silencio desde había moitos días á procura dunha palabra, dun son que saíra daquela boca pequena que aliviara o  silencio.
A avoa puxéllare o nome de Ana, para que do dereito ou do revés a nena sempre o puidese ler. Cousas de vellas que querían alonxar os malos espiritos.
Co seu dedo pequeno, gordo e suave, a nena seguía as gotas de choiva que remataban o baile ao chegar ao final da xanela.
Mentres, a rendeeira da súa nai e as cacharelas do lume da cheminea, rompían, case con vergonza, o silencio, que esperaba o son da súa voz.
Do, Re, Mi, Fa, Sol … Do, Re, Mi, Fa, Sol – dixo anA.
O silencio descansou, cesou a choiva, a rendeeira parou e o cuarto encheuse de luz. O arco da vella, con agarimo abrazaou as montañas.

Este conto é para Ana, compañeira, mestra.
Bicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario