jueves, 5 de mayo de 2016

VENRES DE POESÍA

Seguimos coa nosa escolma de poemas dedicada ao poeta e escritor Manuel María, do que xa estamos preto de celebrar este ano o seu día, o Día das Letras Galegas.




                   SEÑOR GATO


Señor Gato:
atención;
no rincón
hai un burato;
no burato
está o rato
caladiño,
acolchadiño,
sen falar
nen respirar.


-Señor Gato,
pon sentido,
que metido
no burato
está o rato.


-Señor Gato;
está o rato
no burato
do rincón:
¡ten nun puño
o corazón!


-Non dubido,
Señor Gato
bigotudo,
que está o rato
no burato.
Ten as unllas
afiadas,
cravuñadas,
preparadas:
bule axiña
que se non
Señor Gato
bigotón,
¡Do burato
foxe o rato!


                                              Manuel María

No hay comentarios:

Publicar un comentario