miércoles, 30 de septiembre de 2015

Benvidos nenas e nenos ao voso  Blog da Biblioteca do colexio !!!
 
Neste blog, que se chama "Rakonto pequeno" poderedes atopar historias, contos, videos, poesías, recomendacións literarias, curiosidades e moitas cousas máis. 
Para que vaiades coñecendo o voso blog, aquí vos deixamos a seguinte información:
 
Os luns: "Contos Cortos". Nesta entrada sempre encontraredes fermosas historias en imáxenes.
 
Os martes: este é un día moi importante, xa que seredes vós os que faredes recomendacións de libros aos vosos compañeiros e compañeiras. Libros que vos gustaron moito cando os lestes ou volos leron.
Que tedes que facer?
Só tedes que dicirlle a vosa titora que queredes recomendar un libro. Logo subimos á biblioteca, vos gravamos en video e o poñemos no blog todos os martes.
Animádevos!!!
 
Os mércores: "Sabedes que?"  Nesta entrada poderedes atopar información sobre curiosidades de animais, plantas, os astros, o corpo humano, etc
Se algún de vós ten unha curiosidade que contar, gostaríanos que a compartades para poñela no noso blog.
 
Os xoves: Este ano imos a traballar nun proxecto todos xuntos no colexio. Titúlase : E ti, que pintas? Falade con vosas mestras elas xa teñen toda a información.
Pero tedes que saber que todas e todos somos artistas!
 
Os venres: este día dedicarémolo á poesía. Cada venres encontraredes un poema no noso blog. Se algún de vós, ou algunha clase anímase a escribir poesía, estaremos encantados de publicala neste lugar, que é de todos nós.
 
Esperamos que vos guste este blog, que é un lugar de encontro para todas e todos.
 
Un bico grande de Draco.
 
PD: SE ALGUÉN NON COÑECE A DRACO PODEDES ATOPALO LENDO COMODAMENTE NO SILLÓN DA BIBLIOTECA.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario