xoves, 15 de outubro de 2026

VENRES DE CONTO


 Ola amiguiños e amiguiñas, xa que o voso compañeiro de 3ºB, Mohamed, recomenda o conto, Cocorico, nesa Comunidade de Booktubers tan interesante que tedes, aquí vos deixamos o conto.

Que teñades unha boa fin de semana e moitos bicos herculinossss!!!




martes, 13 de outubro de 2026

A MAXIA DOS INVENTOS E OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN


 Ola amiguiños e amiguiñas, un paxaro contoume que estades coñecendo un gran invento, os faros, que ademais, son un importante medio de comunicación entre a terra e o mar, e de grande axuda para os mariñeiros e mariñeiras.

Herculina e máis eu, estamos moi contentos coa vosa idea, por iso imos coñecer xuntos e xuntas a historia dos faros. Queredes saber cal foi a súa orixe?

Pois aquí vos deixamos un vídeo!

Esperamos que vos guste!

Bicos Herculinosssss!!!!





xoves, 8 de outubro de 2026

O CONTO DOS VENRES

 


Ola amiguiños e amiguiñas, regresan os contos dos venres, e para este día, Herculina e máis eu, escollemos un dos nosos favoritos, Frederick.

Esperamos que vos guste e teñades unha boa fin de semana!

Bicos herculinos!!!





martes, 6 de outubro de 2026

A MAXIA DOS INVENTOS E OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA.


 Ola amiguiños e amiguiños, como xa vos dixen o luns, Herculina e máis eu, estamos moi felices co novo proxecto deste curso.

Coñeceremos como empezamos a comunicarnos os seres humanos, porque ao mellor pensades que a linguaxe existe desde as primeiras persoas que habitaron o planeta terra, pero non foi así, mais semana a semana, neste blog e nas aulas, aprenderemos como foi a creación da linguaxe tan importante e tan fermosa.

Mais tamén coñeceremos os inventos e as persoas que os inventaron e, que con ese acto de imaxinación, conseguiron que fósemos evolucionando como especie. 

Como vedes, o proxecto promete e estamos seguras de que será moi interesante e sorprendente todo o que aprendamos ao longo deste curso. 

Pero, o primeiro que temos que saber, aínda que xa supoño que o sabedes ... Que é un invento? E para iso temos a Osi, que nos vai a contar o que é.

Bicos Herculinosssss!!!




sábado, 3 de outubro de 2026

BENVIDOS E BENVIDAS!


Ola amiguiños e amiguiñas! Non imaxinades o contentos que estamos Herculina e máis eu de empezar un novo curso convosco. Esperamos que tivérades un fermoso verán, polo menos tan bo coma o noso.
Estivemos viaxando de bosque en bosque, e visitando a moitas amigas e amigos, tamén coñecimos gnomos e gnomas moi interesantes e limos moito. Este curso iremos falando de todos eses libros que limos.
Tamén, fainos moita ilusión o proxecto deste ano sobre, A maxia dos inventos e os medios de comunicación. Sabedes que eu tiven un bisavó inventor! Un día vos contarei a súa historia.
Pois... empezamos como sempre, cunha curta animada. Coñecedes a algún conegílope?

Bicos herculinosssss!!!!







domingo, 31 de maio de 2026

ATÉ O VINDEIRO CURSO


Ola amiguiños e amiguiñas, Herculina e máis eu, xa temos preparada a equipaxe para marchar a gozar das nosas vacacións. Foi un pracer compartir con vós este curso, e volveremos en outubro, como cada ano.

Gozade moito das vacacións, lede libros, xogade cos amigos e amigas, compartide tempo coa familia, ide á praia, ao campo, ao parque e compartide sorrisos con quen o precise. Sorride moito, iso é moi importante.

Bicos herculinosssss!!! Felices vacacións!!!




xoves, 28 de maio de 2026

VENRES DE CONTO.


 Ola amiguiños e amiguiños, hoxe quero deixarvos este conto tan especial, dedicado a todos e todas as vosas mestras.

Un bico grande para elas e para vós. Feliz fin de semana!




martes, 26 de maio de 2026

ANDANDO A TERRA. MARROCOS


 Ola amiguiños e amiguiñas, lembrades que o luns vos dicía que non sabiamos Herculina e máis eu a que bosque ir de vacacións! Pois grazas ao voso proxecto, xa sabemos que queremos ir  a Marrocos. Despois deste vídeo, seguro que algún día, tamén vós queredes coñecer este fermoso país, que ten unha vila toda pintada de azul. Mirade que marabilla!!!!




E, agora, o vídeo e bicos herculinosssss!!!





domingo, 24 de maio de 2026

CURTAS ANIMADAS


 Ola amiguiños e amiguiñas, xa estamos preto das vacacións de verán e, non sei vós, pero Herculina e máis eu, estamos pensando a que bosque imos ir este verán para visitar as nosas amigas e amigos. Seguro que vós tamén estades a pensar en todo o que podedes facer nas vacacións. Pero mentres, aquí quero seguir convosco.

Aquí vos deixo unha curta animada dun peixe que quere facerse amigo de dous pelícanos e...


Bicos herculinosssssss!!!




xoves, 14 de maio de 2026

O CONTO DOS VENRES


 Ola amiguiños e amiguiñas, hoxe para despedir a semana, deixovos un conto que fala da historia dun monstro deforme.

Espero que vos guste e que teñades unha feliz fin de semana.

Bicos herculinosssss!!!!




martes, 12 de maio de 2026

ANDANDO A TERRA. SENEGAL


 Ola amiguiños e amiguiñas, hoxe quero que coñezades un país moi fermoso e no que naceron moitos dos vosos compañeiros e compañeiras, Senegal, que recibe este nome polo seu río e que en Wólof significa, nuestra canoa, "sunu gaal".

Gozade deste marabilloso país!

Bicos herculinossss!!!!



domingo, 10 de maio de 2026

CURTAS ANIMADAS


 Ola amiguiños e amiguiñas, queredes saber como é unha tarde tranquila no meu bosque? Pois aquí tedes un vídeo para que coñezades a súa fermosura e a paz na que vivimos. 

Bicos herculinossss!!!




mércores, 29 de abril de 2026

O CONTO DOS VENRES UN XOVES.





Ola amiguiños e amiguiñas, como esta semana o venres non tedes escola, deixo aquí un conto que me gustou moito, o conto da escaleira. No bosque, temos moitas escaleiras para subir as nosas casas, pero nunca imaxinei que poderían dar para contar historias. Velaí a maxia dos libros!

Que teñades unha ponte fantástica!!!
Bicos herculinos!!!



 

domingo, 26 de abril de 2026

CURTAS ANIMADAS


 Ola amiguiños e amiguiñas, ides ver, un ovo, un polo, unha historia!
Perdón por non escribir máis, pero aí está o maio e teño moito traballo no bosque para preparar a festa.

Bicos herculinossss!!!!










xoves, 23 de abril de 2026

SEMANA DO LIBRO.


 Ola amiguiños e amiguiñas, cando cantamos, tamén contamos historias. Aquí vos deixo unha canción que o título xa da unha pista, Heiche de contar un conto.

Veña, a cantar e bailar!

Bicos herculinosss e boa fin de semana!




mércores, 22 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO.


 Ola amiguiños e amiguiñas, aínda que todos os días son bos para ler historias, gústame que haxa un especial no que podamos festexar e lembrar todos os contos que nos gustan.

Fixen este vídeo mentres ledes contos aos máis pequenos e pequenas na biblioteca. Espero que vos guste!

Feliz día do Libro!!!

Bicos herculinosssss!!!!



domingo, 19 de abril de 2026

SEMANA DO LIBRO


 Ola amiguiños e amiguiñas,  empezamos esta seman do libro cunha curta animada que xa é un clásico, pero tamén é moi fermosa. E, agora, que da miña árbore da biblioteca saen libros voando...

Bicos herculinossss!!!



xoves, 16 de abril de 2026

VENRES DE CONTO








Ola amiguiñas e amiguiños, hoxe traio un conto que seguro que xa coñecedes, pero cando unha historia é tan fermosa, sempre paga a pena volver a ela. Eu, hai contos que leo moitas veces, e vós?

E, o conto é... 

Bicos herculinosssss!!!!






 

domingo, 12 de abril de 2026

CURTA ANIMADA


 Ola amiguiñas e amiguiños, o mundo, ten moitas formas e as persoas tamén, e iso é marabilloso!
Espero que vos guste esta curta animada.
Bicos herculinossss!!!!














xoves, 26 de marzo de 2026

UNHA CANCIÓN PARA EMPEZAR AS VACACIÓNS.


 Ola amiguiños e amiguiños, xa que chegou a primavera e imos uns días de vacacións, que vos parece rematar cunha cancións, a da horta de Balbina.

Que teñades unhas fantástica e lectoras vacacións!!! Ah! E comede tortilla!!!

Bicos herculinossss!!!!