sábado, 29 de novembro de 2025

CURTA ANIMADA


 Ola amiguiños e amiguiñas, hoxe vos deixo esta curta animada baseada nunca historia real dun neno que ten unha enfermidade, pero que co cariño e a empatía dos seus compañeiros e compañeiras de escola, conseguen todos xuntos que participe da felicidade dos xogos, porque non hai nada máis fermoso que ser bos compañeiros e compañeiras e poñérmonos no lugar das persoas cando temos algunha dificultade.

Bicos Herculinossss!!!!



xoves, 27 de novembro de 2025

O CONTOS DOS VENRES.


 Ola amiguiños e amiguiñas, nunha vos preguntástedes que pasaría se fósedes un gato? Pois escoitade este conto e a ver se atopades a resposta.

Boa fin de semana!

Bicos herculinosssss!!!!




luns, 24 de novembro de 2025

25N. DIA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.




 Ola amiguiños e amiguiñas. Nós, no bosque, reunímonos o 25N para celebrar que sempre utilizamos palabras amables e fermosas para falar coas persoas que nos rodean, e as nosas mans para acariñar ou axudar a quen o precisa. E, por iso, gustounos moito o vídeo que gravaron as cosas compañeiras e compañeiros das aulas de 5ºA, 5ºB e 5ºC.

Moitos parabéns!!!

Bicos Herculinosssss!!!!




domingo, 23 de novembro de 2025

CURTAS ANIMADAS


 Ola amiguiños e amiguiñas, estes días que chove tanto no bosque, Herculina e mais eu aproveitamos para escoitar a música da auga. Se nunca probastes, tedes que facelo, escoitade a chuvia!

Aquí vos deixamos unha curta animada que conta como hai que saber escoitar o ritmo da auga.

Bicos Herculinosssss!!!!





xoves, 20 de novembro de 2025

O CONTO DOS VENRES.


 Hola amiguiños e amiguiñas, hoxe queremos deixarvos un dos nosos contos favoritos. Herculina e mais eu o sabemos de memoria. Sabedes cal é?

Boa fin de semana!!!

Bicos Herculinos!!!



martes, 18 de novembro de 2025

O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA. ANDANDO A TERRA. ARXENTINA


 Hola amiguiños e amiguiñas, queredes coñecer o roedor máis grande do planeta? Chámase Capibara ou Carpincho e é un animal que vive en Sudamérica, en especial na Arxentina. Neste vídeo, poderedes ver que vida máis ordeada e tranquila leva. A Herculina e mais a min, encantounos!!!

Bicos Herculinosssss!!!!




domingo, 16 de novembro de 2025

CURTAS ANIMADAS


 Hola amiguiños e amiguiñas, agora que chega o frío e nalgúns lugares até hai neve, aquí vos deixo a historia dun cervo chamado Deer que todos os días bebe chocolate e está ansioso por ordenar e limpar, coa  pa a neve que se acumula diante da súa casa. Pero cada noite, acontece algo que o desordena todo.

A ver se sabedes que é?

Espero que vos guste!

Bicos Herculinosssss!!!!




xoves, 13 de novembro de 2025

UNHA CANCIÓN DE OUTONO


 Ola amiguiños e amiguiñas, hoxe apeteceume deixarvos unha canción de outono. Esta é de Uxía Lambona e a Banda Molona. Molar, molan moito!

Espero que cantedes!
Boa fin de semana e moitos bicos herculinossss!!!!






martes, 11 de novembro de 2025

O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA. ANDANDO A TERRA: ARXENTINA


 



Ola amiguiños e amiguiñas, encantoume coñecer este paxaro que é a ave nacional da Arxentina. Chámase Horneo e é moi interesante.
Escoitade este vídeo sobre este paxaro tan curioso, que é un gran arquitecto.
Bicos herculinos!!!!






domingo, 9 de novembro de 2025

CURTAS ANIMADAS.

 



Ola amiguiños e amiguiñas, a Yens o ourizo gústalle levar unha vida tranquila, pero aparece Spinny e pona patas arriba.  A min tamén me gusta levar unha vida tranquila, pero as veces aparece alguén que lle dá a volta  a algunhas cousas e até nos gusta ou se marcha a botamos en falta.

Espero que vos guste!

Bicos herculinos!!!