mércores, 29 de outubro de 2025
O CONTO DOS VENRES UN XOVES.
Ola amiguiños e amiguiñas, como xa sei que o venres non tedes colexio, pois esta semana será o conto do xoves. E claro, non podemos de deixar de ler e escoitar o que xa é un clásico, Corre corre, cabaciña!
Que teñades un feliz Samaín!
Bicos terroríficos herculinos!!!
martes, 28 de outubro de 2025
O NOSO PROXECTO DA BIBILIOTECA. ANDANDO A TERRA. ARXENTINA.
Ola amiguiños e amiguiñas, andando a terra imos coñecer un país moi fermoso, Argentina!!!
Pois aqui vos deixo un pouco de información para que empecedes a coñecela.
Bicos terroríficos herculinossss!!!!
domingo, 26 de outubro de 2025
A HISTORIA DO SAMAÍN.
Ola amiguiños e amiguiñas, xa esta chegando o Samaín, un festa que nos gusta moito moito.
Queredes coñecer como naceu o Samaín? Pois escoitade a estas dúas rapazas!!!
Bicos terroríficos herculinossss!!!!
xoves, 23 de outubro de 2025
VENRES DE CONTO
Ola amiguiños e amiguiñas, moito me gustou este conto do Pote. Sabedes que Herculina e mais eu temos un igualiño na casa e todas as cousas que di o conto. E vou contarvos un segredo, o Nadal pasado deixáronme os reis magos do bosque un agasallo dentro del, uns calcetíns coas cores do arco da vella.
Espero que vos guste o conto tanto como a min.
Bicos terroríficos de Herculino!!!
martes, 21 de outubro de 2025
O NOSO PROXECTO. ANDANDO A TERRA.
Ola amiguiños e amiguiñas, queredes seguir coñecendo fermosos e curiosos animais do interesante país de Alxeria? Seguro que si.
Pois hoxe imos coñecer O Addax, outro dos fascinantes animais que vive no deserto de Alxeria. Este antílope é coñecido pola súa pelame branca que lle axuda a camuflarse nas dunas de area do Sahara. Os seus cornos longos e retorcidos son unha da súas características máis salientables.
É quen de sobrevivir sen beber auga durante moito tempo, pero a mala noticia é que está en perigo de extinción. Esperemos que os Addax reciban toda a axuda para que poidamos seguir contando con eles no noso planeta.
A que ten unha cornamenta ben formosa!!!
Bicos terroríficos herculinosss!!!!
domingo, 19 de outubro de 2025
UNHA CANCIÓN PARA O SAMAÍN
Ola amiguiños e amiguiñas, xa está preto unha das festas que máis me gusta, o Samaín. No bosque decoramos as árbores e poñemos moitas cabazas con candeas acesas para que a noite sexa máis terrorífica.
Aquí vos deixo unha canción que seguro coñecedes, e senón podedes aprendela e cantala todos e todas xuntas.
Bicos terroríficos de Herculino!!!
xoves, 16 de outubro de 2025
VENRES DE CONTO
Ola amiguiños e amiguiñas, escoitade a historia de Petra, e comproborades que o máis importante é o cariño!
Boa fin de semana, queridiños e queridas. E, non esquezades, que o máis importante é ser felices!
Bicos herculinossss!!!!
martes, 14 de outubro de 2025
O NOSO PROXECTO. ANDANDO A TERRA.
Ola amiguiños e amiguiñas, queredes seguir coñecendo animais que viven en Alxeria? Hoxe un ben fermoso, a Gacela de Dorcas, que é un dos animais máis elegantes que habitan o deserto arxelino. Co seu corpo esbelto e os seus saltos rápidos, esta gacela é famosa pola súa axilidade e velocidade, o que llegan permite escapar dos seus depredadores.
A que é moi guapa!
E para que vexades que veloz é, ollade este vídeo!
Bicos Herculinossssss!!!!
domingo, 12 de outubro de 2025
CURTAS ANIMADAS
Ola amiguiños e amiguiñas, xa que falabamos a semana pasada de dromedarios e deserto, aínda que este é en Exipto, ollade esta curta para coñecer unha pirámides moi orixinais.
Espero que vos guste!
Bicos herculinosssss!!!
xoves, 9 de outubro de 2025
VENRES DE CONTO
Ola amiguiños e amiguiñas, xa é venres e chega o noso conto. O de hoxe ten un título un pouco noxento, O moco máis rico do mundo.
Unha pregunta... Gústanvos os mocos?
Bicos herculinosss e boa fin de semana!
martes, 7 de outubro de 2025
O NOSO PROXECTO. ANDANDO A TERRA
Ola amiguiños e amiguiñas, outro dos animais moi importantes en Alxeria é o dromedario, o rei do deserto. É un animal fundamental na vida no deserto xa que foi e segue a ser un medio de transporte para moitas persoas. O dromedario é quen de reisitir moito tempo sen beber auga grazas a súa habilidade para gardar graxa na súa xiba, tamén soporta altas temperaturas e ten unha gran resistencia física.
Como vedes, o dromedario é un animal con moitas virtudes! Víchedea algunha vez un deste curiosos animais?
Bicos herculinosssss!!!!
domingo, 5 de outubro de 2025
CURTAS ANIMADAS
Ola amiguiños e amiguiñas, encantoume esta curta animada na que Lully descubre que coa música é quen de darlle cor ao mundo. Sen dúbida é así, a música sempre axuda a que sexamos máis felices, tamén axuda a compartir momentos. A música nace da mestura de todas as culturas do mundo, por iso, une ás persoas.
Espero que gocedes desta curta animada!
Bicos herculinossss!!!!
xoves, 2 de outubro de 2025
VENRES DE CONTO
Ola amiguiños e amiguiñas, e xa chega o conto dos venres! Que ganas tiña, porque xa sabedes que a min, coma a vós, gústame moit ler.
Hoxe, o conto titulad, Pulga e Xigante. A historia dunha pulga moi aventureira!
Espero que o gocedes!
Boa fin de semana e bicos herculinossssss!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)









