domingo, 13 de outubro de 2019

CONTOS CURTOS




Ola amiguiñas e amiguiños, aquí vos deixo unha curtametraxe que moito nos gustou a Herculina e máis a min. Este paxariño que non se rinde e un heroe, como vos.




xoves, 10 de outubro de 2019

VENRES DE CONTO






E o conto deste venres é... COCORICO?


Espero que vos guste amiguiñas e amiguiños. Boa fin de semana! Bicos herculinossssss!!!!













luns, 7 de outubro de 2019

PALABRAS PARA UNHA IMAXE

Desde a biblioteca vos propoñemos un xogo. Todos os xoves colgaremos unha imaxe, e vos lle poñedes unha palabra ou unha frase que vos inspire esa fotografía, pero sin pensalo moito, ao primeiro impulso.

A palabra para esta imaxe é...









                #CULTURA INQUIETA

domingo, 6 de outubro de 2019

CONTOS CURTOS




Ola amiguiñas e amiguiños, aquí vos deixo unha curta que vin esta fin de semana coa miña amiga Herculina e que nos gustou moito, espero que a vos tamén. A min cáeme moi ben o bo de Bunny:
Bicos herculinossssss!!!






BIG BUCK BUNNY




xoves, 3 de outubro de 2019

martes, 1 de outubro de 2019

CANTAMOS?





Ola amiguiñas e amiguiños, aquí vos deixo unha canción que a min me gusta moito, é a canción do Polo Pepe.



domingo, 29 de setembro de 2019

BENVIDAS E BENVIDOS!!!














Ola a amiguiñas e amiguiños!!!
Canta alegría me da volver a estar con vós un novo curso. Seguro que tivéchedes unha vacacións de verán estupendas, pero tamén é unha alegría volver estar coas vosas compañeiras e compañeiros.
Eu tamén o pasei moi ben, estiven de viaxe coa miña amiga Herculina e fomos xuntos aos bosques de Xapón. Son diferentes aos nosos pero dunha gran fermosura. 
Este é un bosque de bambú...


Resultado de imaxes para bosque de bambú




Esta é a planta de bambú...

Resultado de imaxes para bosques japoneses de bambú


Xa sabedes que a miña amiga Herculina gústalle moito escribir e aprendeu a compoñer Haikus, que son uns poemas moi curtos que escriben no Xapón, case sempre cando contemplan a natureza.

Este foi un dos que compuxo Herculina:

Longas árbores
estiro o pescozo
atrapo o sol.


Aquí vos deixo un o primeiro Conto Curto deste curso e tamén moitos bicos herculinos!!!



martes, 18 de xuño de 2019

FELIZ VERÁN!!!




Ola amiguiñas e amiguiños, xa chega o fin de curso e con el as vacacións. Sei que me botaredes en falta e eu tamén a vós, pero irei preparando contos para cando volvades.

Penso facer unha viaxe coa miña amiga Herculina. Imos aos bosques do Caurel, alí temos moitas amigas e amigos e faremos algunha festiña. Mais tamén imos ler á sombra dalgunha árbore. 

Irei facendo un diario para non esquecer nada e, cando volvamos en setembro, ter moitas cousas para contarvos.

Un bico moi, moi grande.

Como sei que vos gusta a praia, vos deixo esta canción...



Felices vacacións!!!