xoves, 28 de maio de 2026

VENRES DE CONTO.


 Ola amiguiños e amiguiños, hoxe quero deixarvos este conto tan especial, dedicado a todos e todas as vosas mestras.

Un bico grande para elas e para vós. Feliz fin de semana!




martes, 26 de maio de 2026

ANDANDO A TERRA. MARROCOS


 Ola amiguiños e amiguiñas, lembrades que o luns vos dicía que non sabiamos Herculina e máis eu a que bosque ir de vacacións! Pois grazas ao voso proxecto, xa sabemos que queremos ir  a Marrocos. Despois deste vídeo, seguro que algún día, tamén vós queredes coñecer este fermoso país, que ten unha vila toda pintada de azul. Mirade que marabilla!!!!




E, agora, o vídeo e bicos herculinosssss!!!





domingo, 24 de maio de 2026

CURTAS ANIMADAS


 Ola amiguiños e amiguiñas, xa estamos preto das vacacións de verán e, non sei vós, pero Herculina e máis eu, estamos pensando a que bosque imos ir este verán para visitar as nosas amigas e amigos. Seguro que vós tamén estades a pensar en todo o que podedes facer nas vacacións. Pero mentres, aquí quero seguir convosco.

Aquí vos deixo unha curta animada dun peixe que quere facerse amigo de dous pelícanos e...


Bicos herculinosssssss!!!




xoves, 14 de maio de 2026

O CONTO DOS VENRES


 Ola amiguiños e amiguiñas, hoxe para despedir a semana, deixovos un conto que fala da historia dun monstro deforme.

Espero que vos guste e que teñades unha feliz fin de semana.

Bicos herculinosssss!!!!




martes, 12 de maio de 2026

ANDANDO A TERRA. SENEGAL


 Ola amiguiños e amiguiñas, hoxe quero que coñezades un país moi fermoso e no que naceron moitos dos vosos compañeiros e compañeiras, Senegal, que recibe este nome polo seu río e que en Wólof significa, nuestra canoa, "sunu gaal".

Gozade deste marabilloso país!

Bicos herculinossss!!!!



domingo, 10 de maio de 2026

CURTAS ANIMADAS


 Ola amiguiños e amiguiñas, queredes saber como é unha tarde tranquila no meu bosque? Pois aquí tedes un vídeo para que coñezades a súa fermosura e a paz na que vivimos. 

Bicos herculinossss!!!




mércores, 29 de abril de 2026

O CONTO DOS VENRES UN XOVES.





Ola amiguiños e amiguiñas, como esta semana o venres non tedes escola, deixo aquí un conto que me gustou moito, o conto da escaleira. No bosque, temos moitas escaleiras para subir as nosas casas, pero nunca imaxinei que poderían dar para contar historias. Velaí a maxia dos libros!

Que teñades unha ponte fantástica!!!
Bicos herculinos!!!



 

domingo, 26 de abril de 2026

CURTAS ANIMADAS


 Ola amiguiños e amiguiñas, ides ver, un ovo, un polo, unha historia!
Perdón por non escribir máis, pero aí está o maio e teño moito traballo no bosque para preparar a festa.

Bicos herculinossss!!!!










xoves, 23 de abril de 2026

SEMANA DO LIBRO.


 Ola amiguiños e amiguiñas, cando cantamos, tamén contamos historias. Aquí vos deixo unha canción que o título xa da unha pista, Heiche de contar un conto.

Veña, a cantar e bailar!

Bicos herculinosss e boa fin de semana!




mércores, 22 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO.


 Ola amiguiños e amiguiñas, aínda que todos os días son bos para ler historias, gústame que haxa un especial no que podamos festexar e lembrar todos os contos que nos gustan.

Fixen este vídeo mentres ledes contos aos máis pequenos e pequenas na biblioteca. Espero que vos guste!

Feliz día do Libro!!!

Bicos herculinosssss!!!!



domingo, 19 de abril de 2026

SEMANA DO LIBRO


 Ola amiguiños e amiguiñas,  empezamos esta seman do libro cunha curta animada que xa é un clásico, pero tamén é moi fermosa. E, agora, que da miña árbore da biblioteca saen libros voando...

Bicos herculinossss!!!



xoves, 16 de abril de 2026

VENRES DE CONTO








Ola amiguiñas e amiguiños, hoxe traio un conto que seguro que xa coñecedes, pero cando unha historia é tan fermosa, sempre paga a pena volver a ela. Eu, hai contos que leo moitas veces, e vós?

E, o conto é... 

Bicos herculinosssss!!!!






 

domingo, 12 de abril de 2026

CURTA ANIMADA


 Ola amiguiñas e amiguiños, o mundo, ten moitas formas e as persoas tamén, e iso é marabilloso!
Espero que vos guste esta curta animada.
Bicos herculinossss!!!!














xoves, 26 de marzo de 2026

UNHA CANCIÓN PARA EMPEZAR AS VACACIÓNS.


 Ola amiguiños e amiguiños, xa que chegou a primavera e imos uns días de vacacións, que vos parece rematar cunha cancións, a da horta de Balbina.

Que teñades unhas fantástica e lectoras vacacións!!! Ah! E comede tortilla!!!

Bicos herculinossss!!!!




O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA. ANDANDO A TERRA. BOLIVIA.





Ola amiguiños e amiguiñas, queredes coñecer cales son os mamíferos que viven na Amazonia Boliviana? Neste vídeo, descubriredes animais que non sabiades que existían, eu tampouco, a verdade.

Bicos herculinos!!!!




 

martes, 24 de marzo de 2026

UNHA INTERESANTE RECOMENDACIÓN LITERARIA!


 Ola amiguiños e amiguiñas, como nos gustou a recomendación que fixeron Noa e Lili da aula de 5ºA, por iso queremos compartila con vós, porque o móbil é moi útil, pero observar o que acontece ao noso arredor pode ser marabilloso. Non coñeciamos o libro, pero xa o limos e queremos compartilo con vós.

Bicos herculinossss!!!!




domingo, 22 de marzo de 2026

CURTA ANIMADA

 


Ola amiguiños e amiguiñas, Herculina e mais eu estamos moi contentos porque xa empezou a primavera. O noso bosque está empezando a encherse de cores e aromas. Por iso, queremos deixarvos este vídeo tan fermoso!

Esperamos que vos guste!

Bicos Herculinos e primaverales!!!!





martes, 17 de marzo de 2026

O CONTO DOS VENRES UN MÉRCORES


Ola amiguiños e amiguiñas, moito me gustaría ter unha vasoira voadora. E a vós? Se sabedes onde podo conseguir unha, xa mo estades a dicir.

Que teñades unha feliz LONGA fin de semana!

Bicos herculinos!!!!




domingo, 15 de marzo de 2026

CURTA ANIMADA

 


Ola amiguiños e amiguiñas, hoxe traio un vídeo moi especial para Herculina e para min. Este verán imos visitar a nosa amiga Rosemary. Ela ten un xardín moi fermoso, e neste vídeo que grabou para vós, poderedes ver que fermoso é o bosque no que vive.

Espero que vos guste moito moito!

Bicos herculinosssssss!!!!




xoves, 12 de marzo de 2026

O CONTO DOS VENRES



Ola amiguiños e amiguiñas, e vós tedes un can? Queredes ter un can? Como se chama ou que nome lle poñeriades se tiveses un can?
E a vós, gústanvos os arandos ou o mel? E aos cans, gústanlles os arando ou o mel? Pois escoitade o conto do Can de Milu:

Boa fin de semana!
Bicos herculinossss!


 



martes, 10 de marzo de 2026

CON TODOS VÓS, LILÍ GRUYÈRE!!!


 Ola amiguiños e amiguiñas, pero que sorpresa máis fermosa, que conta contos máis marabillosos nos contou Lilí Gruyère, aínda que a min facíaseme unha cara coñecida. E a vós? 

Paseino xenial coas súas historias, e que ben conta os contos!

Moitas grazas Lilí, por enviarme este vídeo!

Bicos herculinos!!!




venres, 6 de marzo de 2026

8M. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.




Ola amiguiños e amiguiñas, é moi importante lembrar que todas as persoas somos iguais, e iso, non depende de se somos homes ou mulleres. Por iso vos deixo aquí estas historias para que se queredes ser piratas, o sexades, e queredes ser monstros bos e rosas, pois tamén!
Bicos herculinossss!!!
















 

xoves, 5 de marzo de 2026

martes, 3 de marzo de 2026

CON TODOS VOSTEDES, MÚSICA MIUDA



Ola amiguiños e amiguiñas, que ben o pasei este venres gozando da música e dos contos con Irene e Oscar, que forman o grupo, Música miuda. Alegraron a mañá coas súas cancións, trouxeron a Carapuchiña Vermella, tamén pasou o lobo e até, entre todas, fixestes unha cesta na que fostes metendo unha morea de alimentos.

O pasamos xenial! Moitas grazas, Música miuda!!!



LULI, ACHEGOUNOS ARXENTINA.


Ola amiguiños e amiguiñas, como me gustou a visita que fixo a mais de Carola, Santi e Amaia a nosa biblioteca para falármonos do seu país, Arxentina, e cantas cousas aprendín.
Un fermoso xeito de ir Andando a terra!

Bicos herculinos!!!








domingo, 1 de marzo de 2026

CURTAS ANIMADAS


 Ola amiguiñas e amiguiños, mirade a que montaron estes flamencos nun porta avións. Moito rimos con esta historia, espero que vos tamén.

Bicos herculinos!!!




xoves, 26 de febreiro de 2026

O CONTO DOS VENRES


 Ola amiguiñas e amiguiños, o conto de hoxe é un pouco ... un pouco... veña, é a historia dun peido dun elefante, imaxinades como é un peido dun elefante, dun E-L-E-F-A-N-TE!!!

Que teñades boa fin de semana!

Bicos herculinossss!!!!




martes, 24 de febreiro de 2026

O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA. ANDANDO A TERRA. BOLIVIA.


 Ola amiguiños e amiguiñas, queredes coñecer o lago máis grande do mundo? É o Lago Titicaca, que está entre Perú e Bolivia.

Mirade que fermoso é! E, neste vídeo, poderedes saber que ver se facedes algún día unha viaxe ao lago.

Bicos herculinossss!!!




domingo, 22 de febreiro de 2026

CURTAS ANIMADAS

 


Ola amiguiños e amiguiñas, que tal o pasáchedes no entroido. Eu este anos disfraceime de primavera, así a ver se chega o sol e a luz da que temos tantas ganas.

Gústanvos os cans? Pois ides coñecer a un moi divertido, chámase Andy. Espero que o pasedes tan ben como Herculina e eu cando o coñecimos.

Bicos herculinossss!!!





xoves, 12 de febreiro de 2026

O CONTO DOS VENRES

 


Ola amiguiñas e amiguiños, ás veces quedar sen fariña pode ser un problema, ou non! 

Que teñades unha boa fin de semana!

Bicos herculinos!!!



martes, 10 de febreiro de 2026

O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA. ANDANDO A TERRA. BOLIVIA.


 Ola amiguiñas e amiguiños, empezamos unha nova andaina, esta vez por un país tamén ben fermoso, Bolivia. E, sabedes cal é o seu animal máis famoso? Pois, prestade atención, imos coñecelo a través dunha canción.

Bicos herculinossss!!!!




domingo, 8 de febreiro de 2026

CURTAS ANIMADAS


Ola amiguiñas e amiguiños, estou seguro que cando atopades algo tamén procurades encontrar á persoa a quen lle pertence e, ás veces, nesa procura, e grazas a un fío que vai tecendo redes, tamen imos facendo amigo e amigas, como este pingüino.

Bicos herculinos!!!
 


xoves, 5 de febreiro de 2026

O CONTO DOS VENRES


 Ola amiguiñas e amiguiños, e vós escoitades monstros pola noite? Seguro que non, que escoitades o silencio da casa e da noite para poder durmir moi ben. Pero, ás veces, pode pasarvos como a Martina que ten a Anitram:

Boa fin de semana!

Bicos herculinossss!!!



martes, 3 de febreiro de 2026

CURTAS ANIMADAS


 Ola amiguiñas e amiguiños, mirade que curta animada máis divertida, é a revolución das voaxas!!!

Je je!

Bicos heruclinossss!!!



sábado, 31 de xaneiro de 2026

DÍA DA PAZ



Ola amiguiñas e amiguiños, moito me gustou o voso vídeo do Día da Paz, e concordo con todo o que dicides: non pegarse, a empatía, dialogar, axudar ás compañeiras e compañeiros.

Mola moito!!!

Bicazos herculinos!!!!




martes, 27 de xaneiro de 2026

O CONTO DOS VENRES UN MÉRCORES

Ola amiguiños e amiguiñas, aínda que hoxe é mércores, porque o venres temos unha sorpresa, non quero que quededes sen conto, aquí vos deixo un titulado: A pomba dona Paz.

Boa fin de semana e bicos herculinossss!!!!


 


domingo, 25 de xaneiro de 2026

CURTAS ANIMADAS


 Ola amiguiños e amiguiñas, este pequeno feito de fíos de la vermellos, non vos parece un heroe?

Espero que vos guste e emocione esta curta animada!

Bicos herculinos!!!



xoves, 22 de xaneiro de 2026

O CONTO DOS VENRES


 Ola amiguiños e amiguiñas, deixovos un conto que xa escoitaron moitos e moitas nenas, O Xastriño valente, espero que vos guste e teñades unha fin de semana fantástica!

Bicos herculinossss!!!!





martes, 20 de xaneiro de 2026

O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA. ANDANDO A TERRA. LA SELVA MISIONERA. ARXENTINA.


 Ola amiguiños e amiguiñas, que vos parece escoitar os sons da selva Paranaense ou Misionera na Arxentina.

Pois, moito silencio e escoitade esta fermosura!

Bicos herculinossss!!!!




domingo, 18 de xaneiro de 2026

CURTA ANIMADA


 Ola amiguiños e amiguiñas, espero que vos guste esta historia dun cachorro que ao perderse na vila, vai descubrindo moitas cousas  que non coñecía. 

Bicos herculinossss!!!





xoves, 15 de xaneiro de 2026

O CONTO DOS VENRES









Ola amiguiños e amiguiñas! Coñecedes  a algún un lobo feroz que sexa un lacazán?Pois aquí tedes un!
Que pasedes unha boa fin de semana!

Bicos herculinossss!!! E coidado co ventooooooooooooo





 

martes, 13 de xaneiro de 2026

O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA: ANDANDO A TERRA. ARXENTINA



Ola amiguiños e amiguiñas, xa que estamos coñecendo o fermoso país de Arxentina, temos que coñecer a súa cultura culinaria, é dicir, que comidas son as típicas deste país.
Pois, neste vídeo ides coñecelas!

Bicos herculinossss!!!!





 

venres, 9 de xaneiro de 2026

CURTA ANIMADA


Ola amiguiños e amiguiñas, seguro que o pasaches moi ben nestas vacacións. Espero que desfrutarades da familia, das amigas e amigos e tamén da lectura.

Empezamos un novo trimestre e imos cara o Entroido, pero mentras, seguiremos a coñecer países, e moitas cousas máis.

Para empezar, aquí tedes unha curta animada moi fermosa. A ver se averiguades que é o que lle acontece a Flipou coas plantas e a elas con el?

Bicos herculinossss!!!!