luns, 23 de maio de 2022

FELICES VACACIÓNS!!!


 Ola amiguiñas e amiguiños, por este curso xa me despido, pero prometo volver o vindeiro curso. Agora, Herculina e mais eu imos preparar a viaxe do noso verán. Imos ao Bosque das Fadas a Escocia, alí temos moi bos amigos e amigas, e faremos excursións moi fermosas. Cando volvamos, xa vos contarei as nosas aventuras.

Vos deixamos esta canción de despedida que se titula, Dime que fixeches,  de Migallas Teatro, e iso é o que quero que faigades cando volvamos á escola, que me contedes o que fixestes.

Moitos bicos herculinos!!!!



Herculino y Heculina

Feliz verán!




domingo, 22 de maio de 2022

CONTOS ANIMADOS

 


Ola amiguiñas e amiguiños, xa que pronto chegan as vacacións e, con elas, as tardes de praia, non esquezades botar o protector solar. Mirade que pasa se non o facedes...

Bicos herculinosssss!!!!!



xoves, 19 de maio de 2022

VENRES DE CONTO

 



Ola amiguiños e amiguiñas,  pois xa que imos esta semana de piratas, aquí vos deixo a historia do Pirata Pata de Lata.

Espero que vos guste tanto como a Herculina e a min!

Bicos herculinosssss e boa fin de semana!




martes, 17 de maio de 2022

CANTA COMIGO

 


Ola amiguiños e amiguiñas, seguro que os pasáchedes moi ben estes días de vacacións. Espero que aproveitárades para pasear, xogar, dar camiñatas polo bosque... e que non vos pase como ao Piratametepata que sempre está de mal humor porque pasa todo o día vento a televisión.

Aqui vos deixo a canción de Mamá Cabra!

Bicos Herculinossssssss!!!!!





xoves, 12 de maio de 2022


 Ola amiguiñas e amiguiños, hoxe deixovos un conto musical, A lanchiña do flamenco, que por mor dun problemiña na selva, vai ao rescate de todos e todas as súas amigas e amigos!

Boa fin de semana e bicos Herculinossss!




luns, 9 de maio de 2022

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS


 Ola amiguiñas e amiguiños, xa sabedes que sigo con moito interés e ilusión a vosa sección da Comunidade de Booktubers, e gustoume moito a que fixo Xoel da aula de 1ºA. Aquí vola deixo!

Bicos Herculinosssssssss!




domingo, 8 de maio de 2022

CONTOS ANIMADOS

 


Ola amiguiños e amiguiñas, atopei este conto animado que titúlase Lost & Found, e gustoume moito porque é unha historia de amor das de verdade, das de coidarnos. Xa me contaredes se vos gustou tanto como a min. 

E como estades a traballar as emocións, xa veredes cantas hai nesta historia.

Bicos Herculinosssss!





xoves, 5 de maio de 2022

A PRIMAVERA

 


Ola amiguiñas e amiguiños, como xa esta aquí a primavera e atopei este time lapse, de flores que van florencendo, apeteceume compartilo con vós. Espero que vos guste!

Bicos Herculinosssss e boa fin de semana!




martes, 3 de maio de 2022

O LIBRO DAS EMOCIÓNS


 BUENO, BUENO, BUENO.... Pero que emocionado estou co voso libro das emocións! Que traballo máis fermoso, a Herculina e aos nosos amigos e amigas gnomos, encantoulles.

Os nosos parabéns!!!

Bicos de todos os gnomos do Bosque das Letras!!!!



domingo, 1 de maio de 2022

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS

 



Ola amiguiñas e amiguiños, sabedes que son un fan total da vosa comunidade de booktubers. Ademais, sácolle moito proveito as vosas recomendacións. Hoxe gustoume moito a do voso compañeiro Ivo de 1º B, por iso decidín deixarvos no voso blog o seu vídeo. 
Ivo, hai nada que estaba en educación infantil, así que ídevos preparando para facer recomendacións, pero tamén podiades animarvos a facelas vós. Veña, escollede un libro que vos guste moito e enviádeme o vídeo, despois xa me encargo eu de editalo.
Bicos Herculinosssssss!