martes, 21 de decembro de 2021

FELICITACIÓN DO ALUMNADO DE 6ºB

 Os compañeiros e compañeiras de 6ºB, esperamos que vos guste a nosa canción e felicitación de Nadal.

Somos os maiores do colexio e por desgraza pronto teremos que marchar... pero queríamos desexarvos unhas Felices Festas e moi bo 2022.

E o facemos con esta canción composta por nós!



xoves, 16 de decembro de 2021

BO NADAL A TODAS E TODOS CO CONTO DOS VENRES


 Ola amiguiñas e amiguiños, estades moi nerviosas? seguro que si, eu tamén! Teño moitas ganas de abrir os agasallos. Pedín unha morea de libros, tamén algunha película e un quebracabezas de 5000 pezas. Xa sei que é moi grande, pero gústame tanto, que así terei para uns cantos meses.

Que teñades unhas Felices Festas! Comede turrón, pero tampouco vos pasedes! E xogade, xogade moito! Aquí vos deixo o conto do Apalpador!

Bicos de Herculino e Herculina!!!!!!






martes, 14 de decembro de 2021

CANTA COMIGO

 


Ola amiguiños e amiguiñas, hoxe é moi doado deixarvos a canción, sabedes cal?

Pois, a do... APALPADOR, cal vai ser! Veña, todos e todas a cantar!!!

Bicos Herculinos!!!!




domingo, 12 de decembro de 2021

CONTOS ANIMADOS


 

Ola amiguiñas e amiguiños, que frío vai, non si! brrrrrrrrrrrrrrrrr... Pero estou moi feliz porque chega o Nadal. Xa estamos decorando todo o bosque, iso si, con material de refugallo. 

Xa sei que agora, todos e todas estamos a ser moi boas persoas e a portarnos moi ben para ter moitos agasallos non Nadal, pero o importante é que o fagamos todos os días do ano, e que coidemos dos compañeiros e compañeiras que ás veces o pasan mal por cousas que non poden evitar, como lle pasa ao porco espiño deste conto animado.

Bicos Herculinossssssssss!!!!





xoves, 2 de decembro de 2021

O CONTO DOS VENRES

 


Ola amiguiñas e amiguiños, o conto deste venres titúlase: Nicomedes o pelado, todo un personaxe este Nicomedes, que cousas se lle ocorren por enrriba de... Ui! que xa ía descubrir eu o conto!!! 
Que gocedes moito destes días de descanso que ides ter. Herculina e máis eu imos a pasar a uns días a árbore duns amigos e amigas, vou fartarme de castañas!

Bicos Herculinossssssss!

PD: Non esquezades abrigarvos ben, que fai moito frío! Brrrrrrrrrrrrr