xoves, 29 de abril de 2021

RAKONTO VERDE

As plantas e as palabras que as nomean, son iguais de fermosas. O noso alumnado de 3ºA fixo estes letreiros marabillosos que podemos ler antes de entrar na biblioteca: romeu, pemento, cabaza, margaridas, amorodos, menta, loureiro... todas estas palabras levan con elas o recendo da planta que as nomea.







VENRES DE CONTO



Ola amiguiñas e amiguiños, por fin é venres e, como todos os venres temos o noso conto. Este gustounos moito a Herculina e a min, pero coidado, moito coidado, con ser glotones!

Bicos herculinossssss!








 

martes, 27 de abril de 2021

CANTA COMIGO!

 



Ola amiguiñas e amiguiños, e hoxe imos cantar con este crocodilo namorado!
Veña, imos aló!



O crocodrilo tiña frío e tremía, nin con bufanda, nin con luvas resistía....

Bicos herculinossssss!




domingo, 25 de abril de 2021

CONTOS ANIMADOS



Ola amiguiñas e amiguiños, ollade que historia máis fermosa dunha balea! A herculina e a min gústanos moito este animal. Sabedes que é o máis grande do planeta, é a que máis a balea azul antártica!

Bicos herculinossssss!

WHALE




 

xoves, 22 de abril de 2021

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO



 Non hai mellor forma de ser lectoras e lectores que compartindo as nosas lecturas e a emoción que nos producen!

Velaquí a proba!

Moitas grazas a todas e a todos!






luns, 19 de abril de 2021

SEMANA DO LIBRO NA NOSO RAKONTO





Ola amiguiñas e amiguiños! Esta semana do libro é diferente a todas as que levamos vividas, xa que por mor da COVID non podedes realizar esas actividades que tanto vos gusta compartir entre as compañeiras e compañeiras doutras aulas e a min gozar logo véndoas no blog.
Pero lembrei este vídeo da vosa biblioteca  ese lugar de encontro cos contos e, que só con vós é máxico.








domingo, 18 de abril de 2021

SEMANA DO LIBRO NO NOSO RAKONTO


Ola amiguiñas e amiguiños, aquí vos deixo un clásico das curtametraxes de vídeos que non deixa de gustarme. Veña, que esta semana imos encher o blog de cousas fermosas sobre libros!!!

Gozádeo!

Bicos herculinossss





 

xoves, 15 de abril de 2021

O CONTO DOS VENRES

 


Ola amiguiñas e amiguiños, aquí vos deixo un conto que sei que vos vai gustar moito, moito. Titúlase Cocorico. Polos pelos. Que eu sei que vos gusta moito Cocorico, pois a min tamén!
Bicos herculinossssssss!







mércores, 14 de abril de 2021

RAKONTO VERDE.

 



Ola amiguiñas e amiguiños, esta semana no Rakonto Verde temos un vídeo sobre as abellas moi interesante. Eu respecto moito ás abellas e espero que vós tamén. Sábedes que son fundamentais para a nosa vida? Sabedes o que é a apicultura ou un apiario? Seguro que si, e se non o podedes aprender neste vídeo. Pero elas precisan de nós para poder alimentarse e reproducirse, tamén para facer esa mel tan rica e que tanto nos gusta:
Escoitade, escoitade!

Bicos herculinossssssss!






martes, 13 de abril de 2021

SEMANA DO LIBRO NO NOSO RAKONTO.


Ola amiguiñas e amiguiños, canto estou a disfrutar desta semana do libro! Hoxe quero deixarvos imaxes con textos sobre libros, para que reflexionedes sobre a importancia da lectura na nosa vida e na de toda a sociedade. 

Neste vídeo veredes que a través dos libros tedes moitos mundos de cores, de escoita, de viaxes... e, que si, coa lectura podemos mudar e abrir as nosas ideas!




Sen dúbida, esta tamén é unha mostra de cariño!



Protexéndonos da ignorancia, protexemos a nosa liberdade e a das persoas que nos rodean!





Pois iso!



Podedes abrilo unha e outra vez, nunca se cansan! 


Os libros, como as flores, tamén teñen o seu olor particular. Non deixedes de gozar do pracer de ulir un libro!


Sen dúbida, o noso cerebro precisa novas aplicacións, unha das que máis o alimenta é a lectura.


Sexamos esquíos!


Como vos sentides ao estar sumerxidas na lectura? Asi, por exemplo!



Usémolos! A eles gústalle a pegada que imos deixando nas súas páxinas!


E así viaxamos co vento a noso favor!


E, xa para rematar, que saibas que...

CANTA COMIGO

 



Ola amiguiñas e amiguiños, hoxe quero enviarvos bicos de música para cando vaides durmir!

Bicossssss de música e herculinosssssssss!








domingo, 11 de abril de 2021

CONTOS ANIMADOS

 



Ola amiguiños e amiguiñas, aquí vos deixo un historia animada de un polbo femia e un polbo macho namorados, que non hai nada que os deteña para estar xuntos. É o que ten o cariño! Esta curta de animación foi realizada por estudiantes da escola de animación francesa Les Gobelins. Mirade que fermosura crearon!

Espero que vos guste!

Bicos herculinossssss!



OKTAPODI