Ola amiguiñas e amiguiños, canto estou a disfrutar desta semana do libro! Hoxe quero deixarvos imaxes con textos sobre libros, para que reflexionedes sobre a importancia da lectura na nosa vida e na de toda a sociedade.
Neste vídeo veredes que a través dos libros tedes moitos mundos de cores, de escoita, de viaxes... e, que si, coa lectura podemos mudar e abrir as nosas ideas!
Sen dúbida, esta tamén é unha mostra de cariño!
Protexéndonos da ignorancia, protexemos a nosa liberdade e a das persoas que nos rodean!
Pois iso!
Podedes abrilo unha e outra vez, nunca se cansan!
Os libros, como as flores, tamén teñen o seu olor particular. Non deixedes de gozar do pracer de ulir un libro!
Sen dúbida, o noso cerebro precisa novas aplicacións, unha das que máis o alimenta é a lectura.
Sexamos esquíos!
Como vos sentides ao estar sumerxidas na lectura? Asi, por exemplo!
Usémolos! A eles gústalle a pegada que imos deixando nas súas páxinas!
E así viaxamos co vento a noso favor!
E, xa para rematar, que saibas que...
Ningún comentario:
Publicar un comentario