martes, 10 de novembro de 2026

A MAXIA DOS INVENTOS E OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN.


Ola amiguiños e amiguiñas, como sei que estades a facer uns faros moi fermosos, aquí vos deixamos un vídeo con algúns dos faros máis espectaculares do noso planeta.

Esperamos que vos gusten!!!

Bicos Herculinos!!!!




 

domingo, 8 de novembro de 2026

CURTA ANIMADA


 Ola amiguiños e amiguiñas, esta fin de semana, falabamos Herculina e máis eu da importancia de ser diferentes, que é algo marabilloso. O único que precisamos é pararnos a observar, como fai a irmá de Lucas, e así ver que todas as persoas temos superpoderes. TODAS!

Seguro que cando vexades esta curta animada, entenderedes o que queremos contarvos. Titúlase, Mi hermano Lucas.

Bicos Herculinossss!!!!




xoves, 5 de novembro de 2026

VENRES DE CONTO


 Ola amiguiños e amiguiños, o conto de hoxe, titúlase, "Se eu fose un gato".  E eu pregúntome, gustaríavos a vós ser un gnomo dun bosque?

Gozade do conto e da fin de semana!

Bicos Herculinos!!!!




martes, 3 de novembro de 2026

A MAXIA DOS INVENTOS E OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN


 Ola amiguiños e amiguiñas, sen dúbida, un dos grandes inventos da humanidade foi a roda. Propóñovos, antes de que vexades o vídeo, que pensedes en cousas que vos rodean e teñen rodas. Ademais grazas ao invento da roda, tamén podemos divertirnos moito. Pensade, pensade....

Bicos Herculinossss!!!



sábado, 31 de outubro de 2026

CURTA ANIMADA


 Ola amiguiños e amiguiñas, a Herculina e mais a min, gustounos moito moito, esta curta animada. Este can é moi simpático e máis glotón ca min, que xa é dicir!

Esperamos que tamén o gocedes vós!!!

Bicos Herculinos!!!



xoves, 29 de outubro de 2026

O CONTO DOS VENRES, HOXE CON CANCIÓN.


Ola amiguiños e amiguiñas, como xa estamos celebrando o Samaín, que mellor que facelo cun conto e unha canción que xa é un clásico nesta festa. 

Sabedes cal é? Seguro que si, porque sodes uha rapazada moi lista.

Herculina e máis eu vos dexesamos un terrorífico Samaín!

Bicos monstruosossssss!!!!






martes, 27 de outubro de 2026

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS


Ola amiguiños e amiguiñas, seguro que sabedes que no colexio hai unha gran comunidade de booktubers. E vos estaredes preguntando que fai esta comunidade? Pois algo moi fermoso, recomendar libros. Así que Herculina e máis eu vos animamos a que vaiades á biblioteca no recreo a dicir que vos tamén queredes falar de libros que vos gusten.

Como ides ver neste vídeo, no que as vosas compañeiras de 6ºA, Brianna e Madelyn, recomendan un conto que está xenial, El Trol Gruñon. É moi sinxelo formar parte desta comunidade tan chula!!!

Bicos terroríficosssss!!!!





sábado, 24 de outubro de 2026

CURTAS ANIMADAS


Ola amiguiños e amiguiñas, non sei se vos gustan os vídeos da Pantera Rosa pero, Herculina e máis eu, escachamos da risa con eles. E, como xa estamos na semana do Samaín, pensamos que vos gustaría ver un moi divertido.

Feliz Samían e bicos terroriiiiiificos!!!




xoves, 22 de outubro de 2026

VENRES DE CONTO


 Ola amiguiños e amiguiñas, hoxe vos deixamos un conto un pouco, un pouco, un pouco... bueno, escoitádeo e logo dicide vós a palabra.

Que teñades unha fantástica fin de semana.

Bicos Herculinosssss!!!





martes, 20 de outubro de 2026

A MAXIA DOS INVENTOS E OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN


 Ola amiguiños e amiguiñas, seguimos investigando sobre o interesante mundo dos faros. Hoxe serán os PlayMobil os que nos van contar para que existen os faros.

Esperamos que vos guste!

Bicos herculinosss!!!