domingo, 31 de maio de 2026

ATÉ O VINDEIRO CURSO


Ola amiguiños e amiguiñas, Herculina e máis eu, xa temos preparada a equipaxe para marchar a gozar das nosas vacacións. Foi un pracer compartir con vós este curso, e volveremos en outubro, como cada ano.

Gozade moito das vacacións, lede libros, xogade cos amigos e amigas, compartide tempo coa familia, ide á praia, ao campo, ao parque e compartide sorrisos con quen o precise. Sorride moito, iso é moi importante.

Bicos herculinosssss!!! Felices vacacións!!!




xoves, 28 de maio de 2026

VENRES DE CONTO.


 Ola amiguiños e amiguiños, hoxe quero deixarvos este conto tan especial, dedicado a todos e todas as vosas mestras.

Un bico grande para elas e para vós. Feliz fin de semana!




martes, 26 de maio de 2026

ANDANDO A TERRA. MARROCOS


 Ola amiguiños e amiguiñas, lembrades que o luns vos dicía que non sabiamos Herculina e máis eu a que bosque ir de vacacións! Pois grazas ao voso proxecto, xa sabemos que queremos ir  a Marrocos. Despois deste vídeo, seguro que algún día, tamén vós queredes coñecer este fermoso país, que ten unha vila toda pintada de azul. Mirade que marabilla!!!!




E, agora, o vídeo e bicos herculinosssss!!!





domingo, 24 de maio de 2026

CURTAS ANIMADAS


 Ola amiguiños e amiguiñas, xa estamos preto das vacacións de verán e, non sei vós, pero Herculina e máis eu, estamos pensando a que bosque imos ir este verán para visitar as nosas amigas e amigos. Seguro que vós tamén estades a pensar en todo o que podedes facer nas vacacións. Pero mentres, aquí quero seguir convosco.

Aquí vos deixo unha curta animada dun peixe que quere facerse amigo de dous pelícanos e...


Bicos herculinosssssss!!!




xoves, 14 de maio de 2026

O CONTO DOS VENRES


 Ola amiguiños e amiguiñas, hoxe para despedir a semana, deixovos un conto que fala da historia dun monstro deforme.

Espero que vos guste e que teñades unha feliz fin de semana.

Bicos herculinosssss!!!!




martes, 12 de maio de 2026

ANDANDO A TERRA. SENEGAL


 Ola amiguiños e amiguiñas, hoxe quero que coñezades un país moi fermoso e no que naceron moitos dos vosos compañeiros e compañeiras, Senegal, que recibe este nome polo seu río e que en Wólof significa, nuestra canoa, "sunu gaal".

Gozade deste marabilloso país!

Bicos herculinossss!!!!



domingo, 10 de maio de 2026

CURTAS ANIMADAS


 Ola amiguiños e amiguiñas, queredes saber como é unha tarde tranquila no meu bosque? Pois aquí tedes un vídeo para que coñezades a súa fermosura e a paz na que vivimos. 

Bicos herculinossss!!!