xoves, 23 de novembro de 2023

BANDA SONORA





Ola amiguiñas e amiguiños, víchedes a película Happy Feet? A Herculina e a min encantoume, hai que ver como bailan estes pingüinos e pingüinas, e como mola a canción!

Veña, todas e todos a bailar!!!

Bicos Herculinos!!!




 

martes, 21 de novembro de 2023

TRABALLANDO NO PROXECTO "UN CURSO DE PELÍCULA". WORK IN PROGRESS.


 Ola amiguiños e amiguiñas, queredes que vos diga unha cousa... estou ALUCINANDO, cos traballos que estades a facer para este proxecto. E, quero que saibades, que na casa do bosque recibimos con moita ilusión as fotografías dos vosos traballos.

UNHA CHULADA!!!

Bicos Herculinos!!!








domingo, 19 de novembro de 2023

CONTOS ANIMADOS


 Ola amiguiñas e amiguiños,   ás veces, para saír da tristeza, só precisamos unha chuvía de flores rosas!!!

Bicos Herculinos!!!

SOFT RAIN



xoves, 16 de novembro de 2023

BANDA SONORA





Ola amiguiñas e amiguiños, seguimos coa banda sonora da película "El libro de la selva", que tanto me gusta e tanto ritmo ten.
Veña todas a bailar!!!
Bicos Herculinos e boa fin de semana!!!



"QUIERO SER COMO TÚ"


martes, 14 de novembro de 2023

TRABALLANDO NO PROXECTO " UN CURSO DE PELÍCULA". WORK IN PROGRESS


 Ola amiguiñas e amiguiños, pero que cousas máis chulas estades a facer. Que caixas de flocos de millo máis fermosas!!! Eu quero unha para min!!! Sodes uns artistas!!!

E que ricos están os flocos de millos! Sabedes que os temos grazas a unha variedade de millo que se coñece como "palomero". Así que lle estamos moi agradecidas por darnos este alimento tan saboroso!!!

Moitas grazas polas fotografías!!!

Bicos Herculinos!!!














domingo, 12 de novembro de 2023

CONTOS ANIMADOS








Ola amiguiñas e amiguiños, hoxe deixovos un conto animado que a min gustoume moito. Xa veredes que importante e axudarnos e compartir. Titúlase "PIPER", espero que vos guste!
E, por certo, que tal o pasáchedes no Magosto? Eu comín tantas castañas que debín de engordar un quilo, e agora terei que facer exercicio, porque co pequeno que son non me podo permitir engordar, que logo canso moito.
Velaquí vos deixo o conto animado!
Bicos Herculinos!!!



PIPER



 

xoves, 9 de novembro de 2023

BANDA SONORA










Ola amiguiños e amiguiñas, xa que estades aprendendo tanto de cine, cada venres deixareivos unha canción das miñas favoritas. 
A de hoxe titúlase, "Busca lo más vital", da película, "El libro de la selva"






 

martes, 7 de novembro de 2023

TRABALLANDO NO PROXECTO " UN CURSO DE PELÍCULA". WORK IN PROGRESS


 Ola amiguiñas e amiguiños! BUENO, BUENO, BUENO... Aquí na casa, estamos ALUCINANDO coas cousas marabillosas que estades a facer no colexio.

Esas cámaras, cabazas, liñas cronolóxicas, estades a coñecer a grandes personaxes do cine, pero que PASADA!!!

MOITAS GRAZAS POR FACERME CHEGAR ESTAS FOTOGRAFÍAS!!! BICO GRANDE!!!

 AS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS DA AULA DE 2ºC, XA SABEN QUEN FORON OS IRMÁNS LUMIERE!!!





AS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS DA AULA DE 4ºB, ESTÁN A FACER UNHA LIÑA CRONOLÓXICA DO CINE!!!







AS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS DE 6ºB DE EI, FIXERON UNHA CÁMARA DE CINE!!!!












AS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS DA AULA DE 6ºA EI, FIXERON CÁMARAS DE CINE CON PLASTILINA!!!










E, XA PARA REMATAR, MIRADE QUE CABAZA MÁIS CINEMATOGRÁFICA!!!!


domingo, 5 de novembro de 2023

CONTOS ANIMADOS

















Ola amiguiños e amiguiñas, aquí vos deixamos un conto animado dunha ovella que lle cortaron o pelo e iso non fai que se sinta ben. A ver se adiviñades por que?

Bicos Herculinos!!!!


LA OVEJA ESQUILADA