martes, 6 de outubro de 2026

A MAXIA DOS INVENTOS E OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA.


 Ola amiguiños e amiguiños, como xa vos dixen o luns, Herculina e máis eu, estamos moi felices co novo proxecto deste curso.

Coñeceremos como empezamos a comunicarnos os seres humanos, porque ao mellor pensades que a linguaxe existe desde as primeiras persoas que habitaron o planeta terra, pero non foi así, mais semana a semana, neste blog e nas aulas, aprenderemos como foi a creación da linguaxe tan importante e tan fermosa.

Mais tamén coñeceremos os inventos e as persoas que os inventaron e, que con ese acto de imaxinación, conseguiron que fósemos evolucionando como especie. 

Como vedes, o proxecto promete e estamos seguras de que será moi interesante e sorprendente todo o que aprendamos ao longo deste curso. 

Pero, o primeiro que temos que saber, aínda que xa supoño que o sabedes ... Que é un invento? E para iso temos a Osi, que nos vai a contar o que é.

Bicos Herculinosssss!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario