Ola amiguiñas e amiguiños, xa chega o fin de curso e con el as vacacións. Sei que me botaredes en falta e eu tamén a vós, pero irei preparando contos para cando volvades.
Penso facer unha viaxe coa miña amiga Herculina. Imos aos bosques do Caurel, alí temos moitas amigas e amigos e faremos algunha festiña. Mais tamén imos ler á sombra dalgunha árbore.
Irei facendo un diario para non esquecer nada e, cando volvamos en setembro, ter moitas cousas para contarvos.
Un bico moi, moi grande.
Como sei que vos gusta a praia, vos deixo esta canción...
Felices vacacións!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario