domingo, 29 de setembro de 2019

BENVIDAS E BENVIDOS!!!














Ola a amiguiñas e amiguiños!!!
Canta alegría me da volver a estar con vós un novo curso. Seguro que tivéchedes unha vacacións de verán estupendas, pero tamén é unha alegría volver estar coas vosas compañeiras e compañeiros.
Eu tamén o pasei moi ben, estiven de viaxe coa miña amiga Herculina e fomos xuntos aos bosques de Xapón. Son diferentes aos nosos pero dunha gran fermosura. 
Este é un bosque de bambú...


Resultado de imaxes para bosque de bambú




Esta é a planta de bambú...

Resultado de imaxes para bosques japoneses de bambú


Xa sabedes que a miña amiga Herculina gústalle moito escribir e aprendeu a compoñer Haikus, que son uns poemas moi curtos que escriben no Xapón, case sempre cando contemplan a natureza.

Este foi un dos que compuxo Herculina:

Longas árbores
estiro o pescozo
atrapo o sol.


Aquí vos deixo un o primeiro Conto Curto deste curso e tamén moitos bicos herculinos!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario