Ola a tod@s:
Cantas ganasssss tiña xa de
empezar a partillar con vós. Supoño que pasáchedesssss unhas estupendas vacacións,
agora toca divertirse no colexio.
Este verán estiven facendo un
cursiño de informática e a partir de agora vou comunicarme con vós polo blog
da biblioteca, pero non vos descuidedes por que na miña caixiña atoperedes
agasallos e tamén podedes deixarme todas as mensaxes que queirades.
Xa empezou o outono e o meu
bosque está moi fermoso, aquí tedes unha fotografía:
Fermoso, non si? Por este camiño vou todos os días a visitar a miña avoa, a pobre xa ten cento cincuenta anos e cóstalle un pouco camiñar.
Como vedes xa está cheo de follas e as cores das árbores son douradas. Tamén empezan a caer castañas dos castiñeirosssssss. Mmmmm canto me gustan!!! E os cogumelos, que me decidesssss!!! A que son fermosos.
Como estou moi ilusionado con isto da informática vou probar a ver se podo deixarvossss un video do outono no meu bosque:
Creo que o conseguín!!!!
E agora ides a coñecer a miña casa. A que tamén semella un cogumelo...
Adiviña de outono!!!
ALTA ESTOU
LADRÓN VEXO VIR
DO MEU CARAPUCHO
NON PODO FUXIR.
Que será, será!!! Deixádeme a resposta no cofre.
E, xa sabedes.... Bicossss gnomicos, ssssempre co nariz.
HERCULINO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario