NELSON MANDELA
Nelson Mandela naceu o 18 de Xullo de 1918 en Sudáfrica. Creceu nunha pequena aldea chamada Qunu. Foi adoptado por un amigo do seu pai, quen era un próspero xefe da comunidade.
Na escola, Mandela aprendeu historia Africana e como os seus devanceiros sufriron discriminación, el quería axudar!
Estudou leis e abriu o primeiro despacho de avogados negros do país.
Mandela alentou ao seu pobo a que se manifestase sen violencia en contra de políticas do goberno relacionadas coa desigualdade e a separación entre persoas pola color da súa pel.
Foi arrestado, e estivo durante vintesete anos no cárcere.
O encarceramento de Mandela deu lugar a protestas ao redor do mundo .
En 1990, o presidente de Sudáfrica F.W. de Klerk liberou a Mandela e os dous traballaron xuntos para terminar coa segregación racial. En 1993 gañaron o Premio Nobel da Paz polos seus esforzos.
En 1994, por primeira vez na historia de Sudáfrica, persoas doutras razas podían votar en eleccións democráticas. Mandela foi o primeiro presidente negro en Sudáfrica.
Sendo presidente, Mandela traballou para mellorar vivendas, educación e oportunidades económicas para a enorme poboación negra do país. E todos lle chamaban Madiba.
Madiba era o nome dun xefe thembu que, no século XIX, gobernou a rexión Transkei, á que pertence Umtata, a poboación na que naceu o ex presidente.
Segundo a Fundación Nelson Mandela, chamalo Madiba é sinal de agarimo e respecto, pois honra o título, outorgado polo concello de anciáns da súa tribo, en sinal dunha vida honorable e gloriosa.
Nelson Mandela deixou de ser presidente en 1999. Ese mesmo ano, creou o Fondo para Nenos Nelson Mandela, organización que axuda a nenos pobres de Sudáfrica.
Ao longo dos anos, Mandela continuou traballando para promover paz no mundo. En 2007, axudou a crear The Elders, unha organización de líderes mundiais comprometida a terminar con conflitos e promover os dereitos humanos.
Nelson Mandela morreu en 2013. Foi querido e admirado en todo o mundo.
Neste vídeo poderedes coñecer a pequena aldea na que naceu Mandela, e o moito que o querían.
Ningún comentario:
Publicar un comentario