DAR AS GRAZAS MELLORA A SÁUDE.
Grazas, pode ser unha das palabras que pronunciamos con máis frecuencia ao longo da vida. Con sorte, tamén será unha das que escoitemos máis veces.
Sentirse agradecido, é bo para a saúde mental, e mesmo tamén para a saúde física.
Sentirse agradecido, é bo para a saúde mental, e mesmo tamén para a saúde física.
Hai moito detrás da gratitude. Un caso notable é o de Doug Conant: en 2001, este executivo foi nomeado presidente e conselleiro delegado da coñecida empresa de sopas Campbell’s, que non pasaba polo seu mellor momento. Os trabajadores da empresa estaban desanimados e descontentos. Para levantar o espírito, a Conant ocurriuselle unha idea: todos os días escribía notas para agradecer a algún empregado un traballo ben feito.
Non se trataba de correos electrónicos, senón papeis escritos e asinados da súa propia man. En total, calcula que redactou e enviou máis de 30.000 nos dez anos que estivo na empresa; calquera traballador de calquera parte do mundo, independentemente da súa categoría, podía atoparse cunha nota de agradecemento do seu presidente. Baixo o seu liderado, Campbell’s recuperou terreo e beneficios.
Cando no ano 2009, sufriu un gravísimo accidente de coche: empregados de todas as fábricas e oficinas encheron o seu despacho con cartas e postais desexando a súa recuperación.
Cando no ano 2009, sufriu un gravísimo accidente de coche: empregados de todas as fábricas e oficinas encheron o seu despacho con cartas e postais desexando a súa recuperación.
E vós, que pensades? Credes que dar as grazas fai a nosa vida máis cómoda? Estamos máis contentos cando agradecemos aos demáis algo que fixeron por nós?
Pois imos a probar. Desde a biblioteca vos propoñemos vivir máis felices coa seguinte actividade:
Se alguén de vós considera que ten que darlle as grazas a algún compañero ou compañeira, pasade pola biblioteca e vos gravamos dicindo a vosa mensaxe de agradecemento. Logo a colgamos no blog.
Cada mes, a nosa biblioteca terá unha palabra. A do mes de xaneiro, que además é o mes no que celebramos o Día da Paz, como xa sabedes é GRAZAS.
Cada mes, a nosa biblioteca terá unha palabra. A do mes de xaneiro, que además é o mes no que celebramos o Día da Paz, como xa sabedes é GRAZAS.
E, a primeira en agradecer é a mestra de inglés:
Ningún comentario:
Publicar un comentario