E, AGORA TODOS E TODAS PREGUNTAREDES: - QUEN É LUCY?
AQUÍ TEDES UNHA FOTOGRAFÍA:
Lucy é o esqueleto máis famoso do mundo.
Hai 41 anos, un grupo de paleontólogos descubriu en Hadar, ao nordés de
Etiopía, o conxunto de restos fósiles dun australopiteco que viviu hai moitos
millóns de anos. Era unha femia de 1,1 metros , de altura. Un pouco baixiña,
non si?
O seu descubrimento é moi impotante para
saber como eran os humanos que viviron antes ca nós, e así saber como fumos
evolucionando.
Encontrouse case a metade do esqueleto, e
grazas a iso, sabemos que xa andaba de pé, algo que agora parécenos normal,
pero que non sempre foi así.
Era o 24 de novembro de 1974 cando se
fixo o descubrimento e na radio soaba “Lucy
in the sky with diamonds”, o éxito dos Beatles, así que ao paleontólogo
Donald Johanson pareceulle boa idea darlle á parte do esqueleto que acababa de
descubrir o nome de Lucy.
AQUÍ TEDES A CANCIÓN DOS BEATLES:
Ningún comentario:
Publicar un comentario