Hoxe imos a coñecer a un artista moi especial: Fernando Botero.
Pintor e escultor, é un dos artistas vivos máis importantes da
nosa época. Botero naceu en Medellín, Colombia, en 1932. O seu pai era vendedor de mercadorías e percorría as
montañas da súa terra levando os seus produtos de pobo en pobo a lombo de mula.
Fernando comezou a debuxar desde moi novo e os seus primeiros
temas foron as corridas de touros, ás que asistía cun tío. Pintaba acuarelas
de temas taurinos e vendíaas nas portas da praza de touros.
Como ides ver unha das máis importantes características da súa
obra e que non só as persoas, senón tamén os animais, as flores, as froitas e
os obxectos son de formas redondeadas e desproporcionadas.
Mirade que figuras e que cores mais fermosas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario