O pasado xoves coñecimos as pinturas nas covas, hoxe imos saber como son as pinturas que facían os exipcios.
A eles gustáballes moito pintar nos muros, nas paredes.
Desde hai máis de 5,000 anos os exipcios comezaron a crear as súas sofisticadas e coloridas pinturas de deuses e reis, de dramáticas batallas e de tranquilas escenas da vida familiar.
Tiñan un xeito moi peculiar de pintar o corpo humano.
As cabezas, as pernas e os brazos sempre as mostraban de lado, mentres que o peito e o ollo mostrábanos de fronte.
Fabricaban os seus pinceis con fibras sacadas das plantas e atábanas a unha vara delgada de madeira.
As cores preparábanas moendo pedras de diferentes cores e mesturábanas con algún tipo de pegan.
Mirade que doado é facer un pincel!! Que apañadiños os exipcios!
Ningún comentario:
Publicar un comentario