TODOS OS SERES VIVOS TEMOS ALGO QUE SE CHAMA, SENTIDOS?
Cando falamos dos sentidos, referímonos a: vista, oido, tacto, olfato e gusto.
Imos ver algunha curiosidades dos sentidos nos seres vivos:
Ollos diferentes:
-As aves de presa, poden ver a longas
distancias. Os seus ollos son capaces de ver un ratiño desde unha gran altura.
-Moitas arañas teñen oito ollos, pero
para ver usan dous grandes que teñen na fronte. Os ollos pequenos detectan
calquera movemento.
-O camaleón permanece inmóbil mentres
axexa aos insectos. Os seus grandes ollos saltones poden virar e ata ver en
dúas direccións á vez.
-O ollo da libélula ten 30.000partes.
Cada unha é como un ollo diminuto, que lle permite ver varias imaxes a alta
velocidade para detectar presas rápidas.
O oído animal:
-Hai orellas de todos os tamaños. As do
elefante africano son as máis grandes: miden ata dous metros de longo.
-Os elefantes oen sons afastados que a
nós escápansenos. Poden percibir a profunda chamada doutro elefante a
quilómetros de distancia.
-Certos insectos teñen oídos en lugares
insólitos. Os grilos téñenos nas patas dianteiras. O saltamontes tenos aos
lados do corpo.
O oído e o equilibrio:
-Podes marearte ao viaxar en barco. Os
teus oídos dinlle ao cerebro que te estás movendo, pero os teus ollos indican o
contrario.
-Se dás voltas e te detés de súpeto, os
teus oídos non alcanzan a enviar á mensaxe ao cerebro. É o que sentes cando te
mareas.
-Os e as ximnastas non se marean porque
repiten os seus movementos unha e outra vez, o cerebro acaba afeito a eses
sinais.
Oír baixa a auga:
-O océano parece un mundo silencioso,
pero non o é. Pola auga viaxan máis sons que polo aire, e os peixes, as baleas
e outras criaturas escóitanos.
-Os oídos das baleas son só un buratiño
diminuto a cada lado da súa cabeza. Pero iso non lles impide oír ben: unha balea amolada pode oír a chamada
doutra a quilómetros de distancia.
O mundo dos cheiros:
-Os osos teñen un olfacto moi fino para
atopar a comida. Un oso polar cheira á súa presa a 20 Km de distancia.
-Os topos viven baixo terra, onde está
tan escuro que os ollos non lles serven de moito. O topo oriéntase mediante o
olfato e o tacto.
-O raposo usa o cheiro para protexerse.
Se un inimigo achégase, lánzalle un chorro moi oloroso desde unha parte próxima
á súa cola, como advertencia.
-Cando un gato restrega as súas fazulas
contra algo está a deixar unha mensaxe aromática: Aquí estiven eu. Este é o meu
lugar.
O gusto animal:
-Os animais tamén teñen papilas
gustativas, pero ignoramos como lles sabe a comida. É probable que usen o
olfacto e o gusto para saber que convén comer.
-Tigres e gatos domésticos teñen linguas
sensibles. Recoñecen diferentes sabores na auga que beben.
Tamén cos seus bigotes, chamadas barbas,
proban a comida.
-As bolboretas proban a comida coas patas
e coa boca. Así saben onde se detiveron antes de desenrolar a súa lingua para
comer.
Tacto animal:
-Os animais tamén senten coa pel, pero
algúns senten doutra maneira. Algúns teñen bigotes moi sensibles que lles
axudan a recoñecer a súa contorna.
-A punta da trompa do elefante é a parte
máis sensible do seu corpo. Con ela fai moitas cousas: Desde golpear ás súas
crías ata levantar unha folla.
-A araña agarda na súa tea á súa presa.
Os pelos que ten nas patas senten o máis leve movemento.
-O mapache ten patas e bigotes moi
sensibles. A sensibilidade aumenta coa humidade, e quizá por iso o mapache
humedécese as mans antes de comer.
COMO VEDES OS SENTIDOS SON MOI IMPORTANTES PARA A VIDA DE TODOS OS SERES VIVOS, E ESTÁN CHEOS DE CURIOSIDADES.
Ningún comentario:
Publicar un comentario