Ola amiguiños e amiguiñas, seguro que sabedes que no colexio hai unha gran comunidade de booktubers. E vos estaredes preguntando que fai esta comunidade? Pois algo moi fermoso, recomendar libros. Así que Herculina e máis eu vos animamos a que vaiades á biblioteca no recreo a dicir que vos tamén queredes falar de libros que vos gusten.
Como ides ver neste vídeo, no que as vosas compañeiras de 6ºA, Brianna e Madelyn, recomendan un conto que está xenial, El Trol Gruñon. É moi sinxelo formar parte desta comunidade tan chula!!!
Ola amiguiños e amiguiñas, non sei se vos gustan os vídeos da Pantera Rosa pero, Herculina e máis eu, escachamos da risa con eles. E, como xa estamos na semana do Samaín, pensamos que vos gustaría ver un moi divertido.
Ola amiguiños e amiguiñas, seguimos investigando sobre o interesante mundo dos faros. Hoxe serán os PlayMobil os que nos van contar para que existen os faros.
Ola amiguiños e amiguiñas, espero que gozárades da fin de semana porque xa esta chegando o frío. Pero o outono é un estación moi fermosa na que as árbores lucen as súas cores douradas, marróns e ocres. Herculina e máis eu, vos animamos a dar paseos polos fermosos bosques que temos en Galicia.
Pero como xa empeza o Samaín, imos coñecer o gato dunha bruxa que é tremendo e moi posesivo.
Ola amiguiños e amiguiñas, xa que o voso compañeiro de 3ºB, Mohamed, recomenda o conto, Cocorico, nesa Comunidade de Booktubers tan interesante que tedes, aquí vos deixamos o conto.
Que teñades unha boa fin de semana e moitos bicos herculinossss!!!
Ola amiguiños e amiguiñas, un paxaro contoume que estades coñecendo un gran invento, os faros, que ademais, son un importante medio de comunicación entre a terra e o mar, e de grande axuda para os mariñeiros e mariñeiras.
Herculina e máis eu, estamos moi contentos coa vosa idea, por iso imos coñecer xuntos e xuntas a historia dos faros. Queredes saber cal foi a súa orixe?
Ola amiguiños e amiguiños, como xa vos dixen o luns, Herculina e máis eu, estamos moi felices co novo proxecto deste curso.
Coñeceremos como empezamos a comunicarnos os seres humanos, porque ao mellor pensades que a linguaxe existe desde as primeiras persoas que habitaron o planeta terra, pero non foi así, mais semana a semana, neste blog e nas aulas, aprenderemos como foi a creación da linguaxe tan importante e tan fermosa.
Mais tamén coñeceremos os inventos e as persoas que os inventaron e, que con ese acto de imaxinación, conseguiron que fósemos evolucionando como especie.
Como vedes, o proxecto promete e estamos seguras de que será moi interesante e sorprendente todo o que aprendamos ao longo deste curso.
Pero, o primeiro que temos que saber, aínda que xa supoño que o sabedes ... Que é un invento? E para iso temos a Osi, que nos vai a contar o que é.