xoves, 10 de outubro de 2024

VENRES DE CONTO


Ola amiguiños e amiguiñas, hoxe, para despedir a semana, dexámosvos un conto moi chulo: O caracol viaxeiro.

E a vós, gústavos viaxar?

Bicos Herculinossssss e boa fin de semana!!!




martes, 8 de outubro de 2024

SOMOS TODO UN UNIVERSO.






Ola amiguiños e amiguiñas, queredes coñecer o fantástico sistema solar co sol e os planetas? Seguro que si! Pois aquí tedes un vídeo para ir pouco a pouco coñecendo o noso universo!

Bicos Herculinosssss!!!!


 

domingo, 6 de outubro de 2024

CURTAS ANIMADAS


Ola menos e nenas, cantas ganas tiñamos Herculina e eu de volver estar con vós.

Que tal foron as vosas vacaciones? Nos estivemos nas Fragas do Eume cuns amigos e amigas que viven alí e o pasamos moi ben, até nos bañamos no río, a auga estaba brrrrrrrr, pero logo sentímonos moi ben.

Tamén aproveitamos para ler moitos libros, dos que vos iremos falando, que queda moito curso por diante para estar xuntas.

Xa nos contaron que este curso tedes un proxecto moi chulo "Somos todo un universo". Sabedes que unha das cousas que máis nos gusta facer é ollar para as estrelas! E que temos un telescopio na casa para ver a lúa! Pois hoxe escollemos esta curta animada que nos gustou moito e esperamos que a vós tamén.

Bicos Herculinosssssss!!!!




xoves, 30 de maio de 2024

CURTAS ANIMADAS PARA UN FELIZ VERÁN

 


Ola amiguiños e amiguiñas, Herculina e eu queremos desexarvos unhas felices vacacións de verán. Gozade moito de xogar coas amigas e amigos, lede libros, viaxade, coñecede xente, observade todo o que hai ao voso redor, porque o mundo é moi interesante. 

E... non esquezades que temos que manter o mar e os bosques limpos!!!!


BICO GRANDE!!!!






martes, 28 de maio de 2024

CURTAS ANIMADAS PARA UN FELIZ VERÁN.


 Ola amiguiñas e amiguiños, con esta curta animada queremos facervos unha proposta para as vacacións, que fagades un paseo familiar en kayak!

Bicos Herculinos!



domingo, 26 de maio de 2024

CURTAS ANIMADAS PARA UN FELIZ VERÁN.



Ola amiguiñas e amiguiños, vai chegando a hora de despedirnos ata o vindeiro curso. E, como esta é a última semana do blog, pois nós tamén marchamos de vacacións, imos deixarvos unha curtas animadas que nos gustaron moito e ademais son moi acaídas para estes dous meses.
Neste, tedes que aprender a ter coidado coas moscas!
Bicos Herculinos!!!!



 

xoves, 9 de maio de 2024

FAMILIAS LECTORAS


 Ola amiguiños e amiguiños, seguimos Herculina e eu gozando moito desta actividade! Ademais este de, As sete cabritiñas, non o coñeciamos.

Pois xa sabedes, esta fin de semana, como todas, lede moitos contos!

Boa fin de semana!

Bicos Herculinos!!!


FAMILIAS LECTORAS DE 6ºB DE E. INFANTIL



martes, 7 de maio de 2024

FAMILIAS LECTORAS








Ola amiguiños e amiguiñas, como está a gustarnos que as vosas familias vos conten contos. Porque non hai nada máis fermoso que unha persoa lea para nós, non vos parece? Herculina e eu, facemos quendas pola noite, para lernos e voz alta, por iso nos gusta moito a vosa actividade.

Moitas grazas e moitos parabéns!

Bicos Herculinos!!!


FAMILIAS LECTORAS DE 5ºA DE E. INFANTIL



 

domingo, 5 de maio de 2024

FAMILIAS LECTORAS




Ola amiguiños e amiguiñas. Tedes que perdoar que faltase unha semana pero andivemos polos bosques de Alemaña e na Feira do libro de Frankfurt. Pero iso non quere dicir que non estivésemos pendentes de o que acontecía na biblioteca. Herculina e eu estamos ALUCINADOS coas cousas bonitas que fixestes na semana do libro. 

E agora acaban de chegarnos uns vídeos doutra actividade que estades a facer e que MOLA MOITO!!! FAMILIAS LECTORAS!!! Como nos gusta!!!

Moitos parabéns!!!

Bicos Herculinos!!!


FAMILIAS LECTORAS DA AULA DE 5ºB DE E. INFANTIL











 

xoves, 2 de maio de 2024

SEMANA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA

Rematamos as actividade de celebración do Día do Libro, que non o noso goce de ler libros. E o facemos cun libro do que gozamos moitas xeracións de lectoras e lectores. Pippi Mediaslongas, que tamén foi levada á televisión, acompañou moitas das tardes da nosa infancia. Nós, recomendamos empezar polo libro que escribiu a gran autora Astrid Lindgren.

O noso agradecemento ao alumnado de 5ºB de Educación Infantil!!!