Ola menos e nenas, cantas ganas tiñamos Herculina e eu de volver estar con vós.
Que tal foron as vosas vacaciones? Nos estivemos nas Fragas do Eume cuns amigos e amigas que viven alí e o pasamos moi ben, até nos bañamos no río, a auga estaba brrrrrrrr, pero logo sentímonos moi ben.
Tamén aproveitamos para ler moitos libros, dos que vos iremos falando, que queda moito curso por diante para estar xuntas.
Xa nos contaron que este curso tedes un proxecto moi chulo "Somos todo un universo". Sabedes que unha das cousas que máis nos gusta facer é ollar para as estrelas! E que temos un telescopio na casa para ver a lúa! Pois hoxe escollemos esta curta animada que nos gustou moito e esperamos que a vós tamén.
Bicos Herculinosssssss!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario