Ola amiguiñas e amiguiños, este sábado 22 de marzo foi o Día Mundial da Auga. É moi importante que non a desperdiciemos, xa que sen este recurso a vida no noso planeta desaparecería. Podemos facer pequenas cousas que lograrán que xuntos, a auga sexa un ben do que gozar todas as persoas.
Imaxina que abres a billa e non sae nin unha pinga de auga, sería imposible realizar a maioría das tarefas diarias que son necesarias para unha familia! Lavar os alimentos, a nosa hixiene, cociñar e moitas outras actividades da vida cotiá. En moitos países do mundo, a auga é un recurso moi escaso, ou ben está contaminada. O acceso á auga é un dereito humano básico e toca pensar en como solucionar estas situacións tan inxustas ás que se teñen que enfrontar moitas familias en distintas partes do mundo.
Así que xa sabedes, non desperdiciedes a auga!
Bicos herculinosssss!
Ningún comentario:
Publicar un comentario