Ola amiguiños e amiguiñas, xa quedan poucos días para que cheguen as festa e estar todos e todas xuntas, mais tamén son días que soñamos moito. Eu, estas noites, non paro de soñar cos agasallos, que espero que sexan moitos libros, aínda que tamén pedín unha mantiña nova, uns calcetíns con lunares vermellos e un telescopio. Non sei eu se me traerán todo, pero algunha cousa seguro que si. Xa vos contarei á volta.
Hoxe, deixouvos unha curta animada moi fermosa, porque fala diso, dos sonos.
Bicos Herculinos!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario