Ola amiguiños e amiguiñas, perdoade que esta semana pasada non fixen ningunha entrada, pero tiven unha viaxe moi importante para ver unhas amigas que temos en Islandia e como xa sabedes que nese país hai meses con moi pouca luz, pois fomos en marzo que xa teñen once horas de luz.
Mirade que fermosura a aurora boreal!!!
Pero como xa estamos preto da semana do libro e este curso tamén estamos moi cinematográficos, imos coñecer libros que logo convertéronse en películas.
El bosque de Haquivaqui, é un dos meus contos favoritos e a película gustoume moito. É unha adaptación do conto preferido polos nenos e nenas noruegueses, e trata sobre a vida no bosque, xa entendedes porque me gusta tanto. Coa película fixeron un musical, así que tamén podedes aprender cancións.
Bicos Herculinos!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario