domingo, 1 de outubro de 2023

BENVIDAS E BENVIDOS


 

Ola amiguiñas e amiguiños, non sabedes o felices que estamos Herculina e eu de volver a compartir con vós este curso.

Pasamos un verán fantástico, estivemos con moitos amigos e amigas, e menos mal que tiñamos o frescor das árbores do bosque, porque fixo moita moita calor.

Esperamos que as vosas vacacións tamén fosen fantásticas, seguro que si, e agora toca desfrutar deste curso que promete moito, porque díxome un paxariño que vai ser un "Curso de película".

Como a nós tamén nos gusta moito o cine, seguro que poderemos compartir películas e que faredes actividades sobre o cine estupendas!

Por certo, agora somos tres vivindo na casa. Este verán, a miña amiga Herculina, coñeceu a que é a súa noiva, así que a familia aumenta. Chámase Lúa, mirade que nome máis fermoso, e seguro que a ela tamén lle apetece compartir con vós as súas lecturas e películas.

E, como xa sabedes que empezou a miña estación favorita, o outono, hoxe deixámosvos un conto animado sobre esta estación que espero que vos guste!

Veña, que pronto comeremos castañas! ÑAM ÑAM!!!


BICOS HERCULINOS!!!!


AUTOMNE




Ningún comentario:

Publicar un comentario