martes, 29 de marzo de 2022

ESPECIAL CANTA COMIGO




Ola, amiguiños e amiguiñas, xa que estamos na primavera, fágovos unha proposta. Primeiro teredes que escoitar en silencio e con moita atención, A primavera, de Vivaldi. Este músico compuxo a peza, As catro estacións, unha para cada unha delas. Foi un compositor do barroco, ao que chamaban en Italia, Il prete rosso, é dicir, o cura roxo, xa que era crego e pola cor do seu pelo.

Mentres a escoitades, teredes que facer un debuxo que teña relación coa primavera. Seguro que coa axuda de Vivaldi a inspiración será das boas!




Ningún comentario:

Publicar un comentario