Ola amiguiñas e amiguiños, supoño que o pasastes moi ben nas vacacións de Nadal. Eu engordei un pouco con tantas larpeiradas, pero agora vou empezar a camiñar polo bosque para baixar estes quilos de máis. Tamén estou moi contento porque o Apalpador me trouxo todos os libros que pedín de agasallo, e agora teño moito que ler.
Hoxe vos deixo unha curta de animación que moito me gustou. Espero que a vós tamén.
Bicos Herculinossssssssssss!!!!
A IMPORTANCIA DE PENSAR NAS DEMAIS PERSOAS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario