domingo, 17 de novembro de 2019

PARABÉNS!!!

MOITOS PARANS!!!





Este venres 15 de novembro cumpriu cincuenta anos o noso colexio, e con el todas as persoas que fixeron e están a facer do Raquel Camacho un lugar de entendemento, de ilusión e desa palabra tan fermosa que é sororidade.
Nesas mesas e nesas cadeiras nas que vos sentades cada día estiveron, nalgúns casos, as vosas nais e os vosos pais; mestras e mestres que xa non están con nós e outros que están por vir; familias que colaboran día a día para que todo sexa máis doado para todas.
Entre toda a comunidade chegamos até aquí medrando, rindo, correndo, lendo, contando contos, xogando, e tamén, porque non, rifando en ocasións. Porque un colexio é o mais semellante a unha bola do mundo na que todas as persoas imos aportando algo para que cada día sexa mellor que o anterior; para aprender  xuntas e con todo iso construades e sumedes, os antónimos destas palabras non nos gustan no Raquel Camacho. 
Grazas a todas por chegar cada mañá cando soa a canción e encher de risas, frases inxeniosas e olladas curiosas, este espacio que sen vos non tería razón de existir.

Grazas por estes cincuenta anos!!!

E non esquezades que entre todas podemos facer un mundo...


Ningún comentario:

Publicar un comentario