luns, 12 de marzo de 2018

RECOMENDACIÓNS DE HERCULINO







Ola a todossssss, nenassssss e nenosssss: 

Espero que non me botásedes moito de menos. Estiven a facer unha longa viaxe para ler contos a nenos e nenas que non teñen unha biblioteca como vós.

Pero xa estou de volta e todos os martes verémonos, pois me gustaría recomendarvos libros da nosa biblioteca e fosedes buscalos para que os leades.

Que vos parece a idea?

Hoxe vou a recomendarvos este conto que a min me gustou moito:


 ¿Las princesas usan botas de montaña?





Neste conto a protagonista é unha nena enérxica, moderna e chea de vida que ten moitas preguntas que facer á súa nai.

E tamén vossss deixo unha adiviña a ver se sodes quen de adiviñala:


Que animal ten as cinco vogais?


Bicos herculinos, sempre co nariz.


Ningún comentario:

Publicar un comentario