O APALPADOR
O Apalpador é un personaxe da
tradición popular galega nado no Courel. Está ligado ás festas do Nadal e
gústalle compartir connosco estes bonitos días. É un pastor mangallón e bo, de
mirada doce e longas barbas coloradas que, co seu abrigo cheo de remendos e a
grandes zancadas, percorre Galicia enteira.
Durante o ano fabrica carbón, vive
dos froitos silvestres, caza xabarís, recolle mel e fai aparecer, coas pólas
dos bosques e fragas, os xoguetes que as madeiras agochan. O 31 de decembro
baixa aos pobos, visita aos nenos casa por casa e déixalles como obsequio
castañas quentes e divertidos agasallos de madeira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario