No centro da nosa cidade, A Coruña, hai unha praia que se chama "A praia do Orzán", que está preto do noso colexio. E, nunha cidade polaca, chamada Slupsk, celebran un certame titulado " O son do mar" onde concursan moitas cidades para ver cal ten o son do mar mais fermoso.
A praia do Orzán foi a gañadora do concurso, e o son das súas ondas considerado o máis fermoso do mundo.
Aquí o tedes neste video para que o poidades escoitar, pero o mellor é que vos achegedes á praia, vos sentedes na area e escoitedes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario