HOXE ... O LOBO FEROZ
xoves, 30 de novembro de 2017
mércores, 29 de novembro de 2017
E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA
Seguimos escoitando as fermosas cancións de Playing for change.
EU TEÑO ALGUÉN
luns, 27 de novembro de 2017
domingo, 26 de novembro de 2017
xoves, 23 de novembro de 2017
mércores, 22 de novembro de 2017
E TI, QUE PINTAS?
Xa que temos que ir despedindo o noso proxecto sobre África e como temos a gran sorte de ser un colexio multicultural, que mellor que facelo coa música de Playing For Change, que nos acompañará ata o Nadal.
Playing for change é un movemento social que utiliza como vehículo a música para cambiar o mundo. De que xeito?
Conectando todo o planeta a través da música. Como metáfora desta unión, nas súas cancións participan músicos de todo o planeta.
Todo comezou cun grupo de mozos que querían realizar un documental sobre música rueira no mundo, co obxectivo de gravar aos músicos no seu hábitat, xurdiu a idea de conectalos a todos. Percorreron practicamente todo o planeta, desde as rúas das cidades máis transitadas ata as máis deshabitadas aldeas de calquera lugar do mundo.
O proxecto acolle a músicos de todos os niveis desde os máis consagrados ata estudantes ou afeccionados ata chegar a máis de cen, pertencentes ás máis variadas nacionalidades.
Pero este proxecto non se conformou con conectar músicos, formaron unha fundación, a fundacion Playing for Change, que creou multitude de escolas de música nos lugares máis desfavorecidos da terra, dando así a oportunidade de aprender a nenos que doutro xeito non puidesen facelo. The playing for change foundation aposta por unha educación para todos, un lugar onde os nenos poidan expresarse libremente a través dunha linguaxe universal, a música.
A música, como a pintura, a literatura ... son a máis fermosa creación dos seres humanos, e son capaces de crear unha unión cuxos froitos son dunha grande riqueza. E se non que nolo digan a nós!!!
martes, 21 de novembro de 2017
ESTIVO CONNOSCO A ESCRITORA MARÍA CANOSA BLANCO.
Hoxe recibimos na nosa Biblioteca unha visita moi especial. A escritora María Canosa Blanco veu a falarnos de Megumi, a súa especial Cazadora de estrelas. Tamén nos contou a súa paixón pola escrita e polos libros; como foi o momento no que conseguiu publicar o seu primeiro libro ...
Esta é a maxía dos libros, poder compartir unha historia todos xuntos e saber como a autora argallou todo un mundo para a protagonista da historia.
Moitas grazas aos alumn@s das aulas de 5º polo seu interese e participación. A Brenda e Unai por ser, nesta ocasión, uns profesionais do xornalismo e a Carme e a Vanessa, as titoras, pola súa imprescindible colaboración.
O vendeiro día 30, teremos con nós á escritora Elí Ríos para falarnos de "Marta e a píntega".
Seguimos compartindo historias que farán de nós persoas capaces de pensar e de elexir por nos mesmas.
luns, 20 de novembro de 2017
domingo, 19 de novembro de 2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












