Disfrutádeo!!!
domingo, 31 de xaneiro de 2016
xoves, 28 de xaneiro de 2016
UN VENRES DE POESÍA ESPECIAL
"Playing for Change" é un proxecto musical multimedia e tamén unha fundación, ambos creados por iniciativa de Mark Johnson co obxectivo de reunir, gravar e filmar músicos de diferentes culturas.
Aquí tedes esta fermosa mistura de mundos a traves da linguaxe universal que é a música, e con unha canción que é poesía.
Desde este blog, do noso colexio, no que temos a gran sorte de ser un lugar onde convivimos en paz e disfrutamos e aprendemos de todas as culturas que nos unen, vos desexamos que todos os días sexan días de Paz.
Unha aperta.
Unha aperta.
E TI, QUE PINTAS?
Hoxe imos a coñecer ao pintor elexido polas nenas e nenos das aulas de 3 anos: Joan Miró.
mércores, 27 de xaneiro de 2016
DÁMONOS UNHA APERTA?
"Non quero que se acabe este abrazo, non deberíamos aceptar a caducidade do paraiso"
Do poeta Marwan Abu-Tahoun.
Abrazarse é moi beneficioso para todos os seres vivos. Activa no cerebro a liberación de sustancias como serotonina e dopamina o que nos provoca unha sensación de benestar, sedación, harmonía e plenitude no momento en que se dá.
Todos funcionariamos mellor durante o día, se abrazásemos ou nos deixásemos abrazar.
Cando damos un abrazo afirmamos a capacidade de descubrir a tenrura e a alegría que hai en nós e a riqueza interior que temos.
Din que o tacto é o primeiro sentido que se nos desenvolve e probablemente sexa o último que perdemos.
Catorce é a cantidade de abrazos que calquera persoa necesita recibir cada día para manter cubertas as necesidades afectivas básicas. Á falta deste contacto denominóuselle en psicoloxía "fame de pel".
Cun abrazo logramos dicir o que sentimos, xa que hai veces que por timidez ou porque os sentimentos atafégannos é difícil expresalo con palabras.
Hai moitas formas de tocar, o abrazo é unha moi especial xa que contribúe dun modo moi importante á curación e a saúde.
"Free hugs" é o popular movemento de abrazos gratuítos, iniciado por Juan Mann, un home cuxa única misión era estirarse e abrazar a un estraño para iluminar a súa vida.

DESDE A BIBLIOTECA VOS PROPOÑEMOS QUE O VENRES, XA QUE CELEBRAMOS
O DÍA DA PAZ, QUE MELLOR QUE DARNOS ABRAZOS.
XA VEREDES COMO IMOS A ENCONTRARNOS MOITO MELLOR!
XA VEREDES COMO IMOS A ENCONTRARNOS MOITO MELLOR!
FAGAMOS UN MURO FOTOGRÁFICO DE APERTAS!!!
luns, 25 de xaneiro de 2016
RECOMENDACIÓN LITERARIA MOI ESPECIAL
Hoxe a nosa sección de recomendacións literarias é especial, máis non por iso menos literaria.
Como sabedes o día 30 de xaneiro, celébrase o Día da Paz. Este día sirvenos para non esquecer que todos os días de todos os anos, as persoas temos a obriga de vivir en paz.
Este ano, por desgracía, a palabra PAZ volve a ter un significado especial, xa que son moitas as familias de refuxiados que teñen que abandoar o seu país, a súa casa, para fuxir dunha guerra inxusta, xa que todas as guerras o son.
O venres, cando celebremos o Día da Paz, un bo desexo sería o fin das guerras e a tranquilidade para todas esas familias.
Por iso, hoxe, esta sección do blog, quere unirse a ese desexo coa palabra PAZ, xa que non pode ser en todas as linguae do mundo, si nalgunhas delas.
Africano - VREDE
Albanes - PAQUE
Alemán - FRIEDEN
Árabe - سلام
Armenio - KHAGHAGHUT'YUN
Azerbayiano - SÜLH
Bielorruso - CEBet
Catalán - PAU
Checo - MIR
Chino -和平
Croata - MIR
Danés - FRED
Esperanto - PACO
Euskera - BAKEA
Estonio - RAHU
Inglés - PEACE
Georgiano -მშვიდობა
Italiano - PACE
Rumano - PACE
Gallego - PAZ
Portugués - PAZ
Maorí - RONGO
Serbio -Мир
Somalí - NABADDA
Swahili- AMANI
Turco -Barış
Zulú - UKUTHULA
Wolof - JÀMM
domingo, 24 de xaneiro de 2016
xoves, 21 de xaneiro de 2016
mércores, 20 de xaneiro de 2016
E TI, QUE PINTAS?
Hoxe a biografía de ...
GUISEPPE ARCIMBOLDO
Giuseppe Arcimboldo naceu, ao parecer, en Milán en 1527. O seu pai, Biagio Arcimboldo, traballaba como pintor na catedral de Milán e o fillo pronto aprendeu o oficio paterno: con só 22 anos xa debía de realizar diversos traballos para a catedral.
Xa debía de ser un artista recoñecido cando en 1562 viaxou a Praga convidado polo emperador Fernando I para converterse nun dos retratistas da corte. Con todo era tal o seu enxeño que non tardou en exceder as funcións da súa profesión para embarcarse en todo tipo de investigacións, organizar eventos e aconsellar ao emperador en materia de artes e inventivas.
Por petición da casa imperial, Arcimboldo realizou varias series de cadros (variantes sobre un mesmo tema) de onde combinaba as cousas máis diversas para configurar rostros e siluetas. Hai interpretacións para todos os gustos sobre estas curiosas colaxes. Algúns, por exemplo, ven na selección de determinados animais símbolos e significados relacionados co emperador.
En 1587 abandonou Praga, para gran desgraza do emperador Rodolfo II que lle tiña en moi alta estima, e volveu a Milán onde morrería anos despois en 1593.
E agora este interesante e divertido video para pensar un pouco.
ESPERAMOS CON MOITA ILUSIÓN O TRABALLO QUE AS NENAS E NENOS DE 4 ANOS VAN A FACER SOBRE ESTE FANTÁSTICO PINTOR.
martes, 19 de xaneiro de 2016
SABEDES QUE ...
A NEVE TAMÉN TEN AS SÚAS CURIOSIDADES?
A neve non sempre é blanca, tamén podemos vela azúl na distancia, por ser a cor que se absorbe con menos facilidade.
Outras cores como vermello ou rosa son posibles cando elementos extraños como algas ou polución, se misturan coa auga.
Aquí podedes ver neve azul en Siberia.

Nunha vila dos EEUU fixero o boneco de neve máis grande. Era máis alto que o noso colexio.

Nos planetas, Venus e Marte tamén hai neve.

En Seatle xuntáronse un día do ano pasado 6000 persoas, e que fixeron, pois unha pelexa de bolas de neve.
E, xa para rematar o fermoso festival de esculturas de xeo e neve en China. Todo un expectáculo.
QUE FRÍO, PERO QUE FERMOSO!!!

luns, 18 de xaneiro de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)